Medioambiente

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 67

“Garantir a aplicación dos acordos internacionais, o Convenio sobre Diversidade Biolóxica e os acordos da COP 15, Marco Mundial de Biodiversidade Kunming-Montreal, adoptado en 2022 para deter e reverter a perda de biodiversidade para 2030, que se concretan nas seguintes metas logo da revisión levada a cabo na COP 17 (2026)”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 67)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

3) En materia de patrimonio natural e biodiversidade: Garantir a aplicación dos acordos internacionais, o Convenio sobre Diversidade Biolóxica e os acordos da COP 15, Marco Mundial de Biodiversidade Kunming-Montreal, adoptado en 2022 para deter e reverter a perda de biodiversidade para 2030, que se concretan nas seguintes metas logo da revisión levada a cabo na COP 17 (2026) Conservar polo menos o 30% das zonas terrestres, mariñas e costeiras. Restaurar polo menos o 20% dos ecosistemas degradados. Reducir á metade a introdución de especies exóticas invasoras. Reducir á metade a perda de nutrientes e en dous terzos os produtos químicos e praguicidas. Transferir a Galiza dos recursos financeiros destinados á protección da biodiversidade, especies ameazadas, espazos naturais e rexeneración de espazos degradados. Desenvolver plans de protección e preservación das especies mariñas protexidas, procurando a súa compatibilidade coas actividades económicas e sociais tradicionais. Limitar e controlar estritamente a importación de especies foráneas, sementes de moluscos etc., para a repoboación, e potenciación dos ciclos pechados para a produción de especies autóctonas e a repoboación como método de recuperación de recursos. Poñer en marcha de xeito efectivo dunha rede de alerta temperá ante especies invasoras. Desenvolver labores de seguimento para as capturas accidentais das especies mariñas ameazadas, así como medidas paliativas, en consonancia coa lexislación vixente e coas directivas europeas. 4) En materia de ordenación, xestión e protección do litoral e do medio mariño: En tanto que Galiza non teña competencias plenas sobre a ordenación e xestión do dominio público marítimo terrestre (DPMT), impulso das reformas legais (lei e regulamento xeral de costas, lei de cambio climático) que teñan en conta as FRONTE Á CRISE AMBIENTAL E A EMERXENCIA CLIMÁTICA · 67

Señalar un error