Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 68
“Revisión do deslinde do DPMT para o recoñecemento dos asentamentos urbanos tradicionais.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
características diferenciais da costa galega, as actividades tradicionais e sustentábeis do complexo mar industria e a incidencia do cambio climático. Revisión do deslinde do DPMT para o recoñecemento dos asentamentos urbanos tradicionais. Recoñecer a titularidade do monte comunal dentro da zona de dominio público marítimo terrestre e do deslinde de costas, sometida, en todo caso, aos límites de uso e autorizacións que correspondan ás súas características específicas. Poñer en marcha de medidas estabelecidas na Estratexia do Medio Mariño, co fin de avanzar na recuperación do estado do medio, así como da conservación das especies e dos recursos naturais. Impulsar o saneamento integral real a través de redes separativas e enerxeticamente eficientes de saneamento e da rexeneración das rías galegas, transferindo a Galiza os recursos necesarios, así como a capacidade para a planificación, deseño, aprobación e a execución das infraestruturas hidráulicas que actualmente ten atribuídas o Goberno central. Crear unha rede equipada de bases de loita contra a contaminación do medio mariño ao longo de todo o corredor marítimo fronte á costa galega. Revisar e derrogar a prórroga concedida a ENCE na ría de Pontevedra por contravir a normativa de Costas, a directiva europea de servizos e o Plan de Ordenación do Litoral (POL), e impulso da rexeneración da ría de Pontevedra e do dominio público marítimo terrestre. Recuperar e rexenerar os terreos en dominio público marítimo terrestre ocupados pola Xunta e o Estado no ENIL da Xunqueira do Alba (Pontevedra). Demandar un programa permanente de inspección e seguimento do estado e seguridade do vertedoiro de 140.000 toneladas de residuos nucleares na Foxa Atlántica, a 600 km da costa galega. 5) En relación co monte e coa política forestal: Recoñecer xuridicamente a propiedade comunal do monte, mediante a modificación do Código Civil, co obxectivo de que se recoñeza de maneira expresa a propiedade de carácter colectivo ou comunitario como unha realidade xurídica diferente da titularidade pública e da privada. Este FRONTE Á CRISE AMBIENTAL E A EMERXENCIA CLIMÁTICA · 68
Señalar un error