Medioambiente

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 69

“Impulsar políticas de redución, recuperación e reciclaxe de residuos e priorización da compostaxe dos biorresiduos (primando os tratamentos de proximidade) coa correspondente transferencia de recursos ás entidades locais.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 69)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

recoñecemento ten unha importancia capital en Galiza posto que os montes veciñais en mancomún supoñen a cuarta parte do territorio (case 700.000 hectáreas), constitúen un sinal de identidade territorial e sociocultural e son ademais un motor de desenvolvemento económico e produtivo. Aprobar medidas fiscais que incentiven o uso e aproveitamento multifuncional do monte por parte de agrupacións de propietarios particulares e comunidades de montes. Transformar o modelo de mercantilización da captura de CO2 (sistema de compra de créditos de carbono por parte de empresas contaminantes) cara a sistemas de compensación pola prestación de servizos ecosistémicos (preservación de ecosistemas de alto interese, prevención do cambio climático, conservación e protección dos recursos hídricos, conservación do bosques maduros, prevención da erosión, da degradación e da artificialización de solos, incremento da superficie agraria útil e da produción sustentábel de alimentos, usos socioculturais e de lecer…). Considerar as diferentes variedades de eucalipto como especie exótica invasora e inclusión no correspondente catálogo, coa conseguinte limitación do seu cultivo para garantir a protección do solo e das reservas de auga, a conservación da biodiversidade e a protección fronte aos incendios forestais. Aprobar medidas encamiñadas a frear a acaparación de terras, nomeadamente de terreos de monte, para a implantación de macroproxectos forestais, enerxéticos e mineiros de carácter extractivo e depredador. 6) En materia de residuos e contaminación dos solos: Impulsar políticas de redución, recuperación e reciclaxe de residuos e priorización da compostaxe dos biorresiduos (primando os tratamentos de proximidade) coa correspondente transferencia de recursos ás entidades locais. Impulsar a implantación do sistema de depósito, devolución e retorno (SDDR) para os envases, superando os atrancos e o boicot por parte de entidades de xestión. Desenvolver plans de recuperación de solos contaminados. Vixiar exhaustivamente e estabelecer sancións a toda empresa que utilice residuos en novos produtos, nomeadamente asfálticos, que non conten con garantías ambientais, que non se sometan a procesos regulados de inertización. FRONTE Á CRISE AMBIENTAL E A EMERXENCIA CLIMÁTICA · 69

Señalar un error