Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 71
“Impulsar un plan estatal de apoio aos medios de comunicación en linguas minoradas.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
7. LINGUA E CULTURA A plena normalización da nosa lingua é un obxectivo prioritario e que debe ser asumido como tal por todas as Administracións públicas e polo conxunto da nosa sociedade. Porén, a Administración do Estado é unha fonte permanente de trabas e de obstáculos para o uso do galego con normalidade e para o respecto dos dereitos lingüísticos de galegas e dos galegos. Nese sentido, en canto Galiza non tiver a plena capacidade de decidir sobre a política lingüística necesaria para garantir a normalización, o BNG traballará por: Impulsar un plan estatal de apoio aos medios de comunicación en linguas minoradas. Garantir a presenza regular da lingua e das producións culturais galegas na RTVE, tanto nas desconexións para Galiza como na programación para todo o Estado. Incrementar as horas de desconexión territorial en galego na TVE, no horizonte de crear un novo canal de TV en galego. Recuperar a Radio4, emisora da RNE en galego. Incluír o galego como opción na programación do ClanTV. Garantir e incrementar a liña de axudas dirixida especificamente a longametraxes, curtametraxes e producións audiovisuais en galego por parte do Ministerio de Cultura. Reformar a Lei do audiovisual para garantir a plena igualdade de todas as linguas oficiais do Estado. Exixir ás plataformas a dispoñibilidade das producións do seu catálogo con dobraxe e lexendaxe en galego, especialmente nos contidos dirixidos ao público infantil, ademais de mellorar a definición e regulación das produtoras independentes e a promoción e normalización da lingua galega no mundo audiovisual. Impulsar os convenios para o ensino do galego como segundo idioma na educación secundaria e nas Escolas Oficiais de Idiomas noutros territorios do Estado. De forma especial, garantir a sinatura de convenios para ensino do galego en toda a etapa educativa nos territorios galegofalantes de comunidades limítrofes. Aumentar o cofinanciamento das institucións lingüísticas e culturais do noso país. LINGUA E CULTURA · 71
Señalar un error