Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 72
“Asegurar a plena normalización do uso da lingua galega por parte da Administración central, encomezando polo coñecemento do galego entre o funcionariado para así garantir os dereitos lingüísticos na relación entre esta e as empresas que traballan para ela.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
Garantir unha liña de axudas específica para a creación literaria en galego, eliminando o requisito de ter que entregar traducidas esas obras ao español. Demandar a catalogación e dixitalización do patrimonio documental galego depositado en arquivos institucionais de fóra de Galiza para favorecer o coñecemento, a divulgación e a investigación. Impulsar o coñecemento, a divulgación e a convivencia das diferentes expresións culturais en galego, en pé de igualdade coas restantes do Estado, e contribuír ao posicionamento a nivel internacional. Asegurar a plena normalización do uso da lingua galega por parte da Administración central, encomezando polo coñecemento do galego entre o funcionariado para así garantir os dereitos lingüísticos na relación entre esta e as empresas que traballan para ela. Garantir o estrito respecto da nosa toponimia por parte de todos os organismos da administración do Estado, así como exixir o respecto pola legalidade por parte das apps de xeolocalización que seguen a utilizar nomenclatura deturpada. Realizar as mudanzas legais precisas para oficializar na súa orixinalidade galega a toponimia marítima na costa galega: nomes de distritos e provincias marítimas, matriculación de embarcacións e cartografía marítima e cartas náuticas, avisos a navegantes, e denominación dos accidentes xeográficos (nomes das rías, illas, puntas, cantís, etc.). Impulsar as modificacións legais para que, de acordo con todas as ferramentas tecnolóxicas hoxe dispoñíbeis, a documentación en galego sexa aceptada como oficial para calquera xestión coa Administración Xeral do Estado. Cumprir coa oficialidade do galego na Administración de Xustiza, no horizonte de promovelo a lingua preferente nas resolucións, comunicacións e notificacións de oficio dos órganos administrativos. Impulsaranse plans piloto, formación e incentivos profesionais para garantir a oficialidade real do galego. Garantir a dispoñibilidade plena do galego en toda a Administración Xeral do Estado e nas súas plataformas dixitais, habilitando a opción de galego en todas as tramitacións telemáticas, formularios, notificacións e canles de atención de todos os organismos estatais, en igualdade real de condicións co castelán, tanto na web como nas aplicación móbeis e nos sistemas de identificación e sinatura dixitais. LINGUA E CULTURA · 72
Señalar un error