Digitalización

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 73

“Promover liñas específicas de financiamento para garantir actualización en galego de tecnoloxías da fala, modelos de lingua, ferramentas educativas dixitais etc.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 73)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

Garantir que todos os sistemas de IA, atención automatizada e administración dixital do Estado funcionen plenamente en galego (chatbots, asistentes virtuais, formularios intelixentes etc). Promover liñas específicas de financiamento para garantir actualización en galego de tecnoloxías da fala, modelos de lingua, ferramentas educativas dixitais etc. Garantir o dereito a estudar e realizar os exames da UNED en galego. Incluír o galego como materia optativa na rede de centros da Acción Educativa Exterior. Garantir o dereito a acceder á documentación e trámites administrativos en galego nos consulados españois no estranxeiro. Ingreso da Galiza como Membro asociado da UNESCO e da OMT, alén de ser parte tamén noutras organizacións internacionais que traballan no ámbito histórico, lingüístico e cultural. Oficialidade plena do galego na Unión Europea. Desde o Instituto Cervantes: Garantir unha oferta regular e non puntual de cursos de galego (presenciais e en liña) en centros estratéxicos e por faixas horarias accesíbeis. Impulsar módulos formativos sobre a diversidade de linguas do Estado español. Desenvolver unha liña anual e regular de actividades culturais en galego (literatura, cinema, música, ciencia etc). Reforzar os fondos bibliográficos e dixitais en galego en todas as bibliotecas do Instituto Cervantes. Nas relacións coa Lusofonía: Recoñecer e impulsar o papel de Galiza como ponte natural co espazo lusófono, promovendo políticas de cooperación cultural, educativa, comunicativa e económica cos países de lingua portuguesa, aproveitando o potencial do galego como valor estratéxico internacional. Débense remover as trabas e garantir os instrumentos precisos para facer efectiva esa cooperación. Exixir o cumprimento dos acordos parlamentares para a recepción dos medios públicos audiovisuais de Portugal en LINGUA E CULTURA · 73

Señalar un error