Digitalización

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 75

“Dereito á soberanía dixital. Impulsar no Congreso o recoñecemento do dereito dos pobos a determinaren a súa esfera dixital e a garantiren a representación das súas diferenzas culturais e produtivas como un dereito humano e colectivo básico.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 75)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

8. DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANTIDOS A soberanía dixital é clave para a democracia, unha economía propia e a continuidade cultural de Galiza. Fronte ao control corporativo, cómpre un modelo que xestione os datos para o ben común, aplique garantías democráticas á IA e poña as infraestruturas ao servizo do desenvolvemento social, industrial e ambiental da nosa terra. Por iso, o BNG defenderá no Congreso unha política soberanista que democratice a tecnoloxía con infraestruturas públicas, protexa a cidadanía dos algoritmos e garanta o galego no ecosistema dixital. Reivindicamos o dereito a deseñar un sistema propio baseado na tecnodiversidade. Mentres Galiza non poida decidir plenamente sobre a súa esfera dixital, impulsaremos no Estado as seguintes medidas: 8.1 Soberanía dixital, competencias e desenvolvemento dun ecosistema galego de intelixencia artificial Transferencia de competencias e recursos. Reclamar a transferencia das competencias exclusivas do Estado en telecomunicacións, espazo audiovisual, infraestruturas dixitais, ciberseguridade e certificación da identidade, xunto cos correspondentes fondos e medios. Dereito á soberanía dixital. Impulsar no Congreso o recoñecemento do dereito dos pobos a determinaren a súa esfera dixital e a garantiren a representación das súas diferenzas culturais e produtivas como un dereito humano e colectivo básico. Financiamento dun ecosistema público galego de IA. Reclamar do Estado os recursos necesarios para desenvolver un ecosistema galego de intelixencia artificial orientado á tecnodiversidade e aos grandes retos económicos, sociais, culturais e ambientais do noso país. DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANT… · 75

Señalar un error