Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 76
“Dereito de veto algorítmico. Prohibir que as resolucións administrativas ou económicas críticas se executen sen unha revisión final, vinculante e asumida por persoal técnico ou funcionario competente, evitando que unha máquina substitúa a responsabilidade humana.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
IA distribuída e modelos especializados. Redirixir os fondos públicos de innovación cara á intelixencia artificial distribuída e a modelos de linguaxe pequenos e especializados, executábeis en infraestruturas locais de baixo consumo enerxético e con aprendizaxe federada que preserve a privacidade. Tecnoloxía adaptada á realidade produtiva. Fomentar sistemas deseñados para o traballo común entre persoas e a IA que aumenten a produtividade da pequena e mediana produción e da economía dos coidados, rexeitando a substitución de actividades humanas e excluíndo os usos militares e armados. Fortalecemento da investigación e innovación. Garantir financiamento estrutural estábel para o ecosistema galego de pequenas e medianas empresas tecnolóxicas e para os grupos de investigación punteiros en tecnoloxías cuánticas, biotecnoloxía, saúde e sector espacial. 8.2. Dereitos civís, garantías democráticas e control público dos algoritmos A implantación da intelixencia artificial non pode soster decisións automáticas opacas nin reducir as garantías democráticas. A cidadanía debe coñecer cando intervén un algoritmo e dispoñer de mecanismos para comprender, revisar e impugnar as decisións que afectan os seus dereitos. Lei de transparencia algorítmica e supervisión humana. Promover un marco regulatorio estatal que garanta o dereito a recibir información inmediata, comprensíbel e sobre os criterios aplicados cando unha decisión relevante sexa adoptada total ou parcialmente por sistemas automatizados nas administracións públicas ou grandes empresas de servizos esenciais (banca, seguros e telecomunicacións). Dereito de veto algorítmico. Prohibir que as resolucións administrativas ou económicas críticas se executen sen unha revisión final, vinculante e asumida por persoal técnico ou funcionario competente, evitando que unha máquina substitúa a responsabilidade humana. Auditorías públicas antisesgo. Crear mecanismos públicos de inspección e auditoría dos algoritmos de interese xeral para detectar e corrixir nesgos de xénero, clase, orixe ou territorialidade que provoquen discriminacións. DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANT… · 76
Señalar un error