Digitalización

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 77

“Prohibición de decisións letais automatizadas. Defender a prohibición internacional e estatal do uso de IA para seleccionar obxectivos en conflitos armados; as máquinas non poden decidir sobre a vida e a morte das persoas.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 77)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

Rexistro estatal de sistemas algorítmicos. Crear un rexistro público dos sistemas de IA empregados na adopción de decisións públicas e prohibir que a concesión ou denegación de prestacións sociais ou dereitos fundamentais dependa de automatismos sen intervención humana efectiva. Supervisión previa dos sistemas de risco sistémico. Obrigar a que os modelos de IA e redes sociais de risco sistémico se sometan á avaliación de organismos públicos independentes antes de saíren ao mercado. Reclamar financiamento para que as nacións do Estado conten con organismos propios de supervisión. Limitación da vixilancia biométrica. Estabelecer límites estritos ao recoñecemento facial e á vixilancia biométrica masiva en espazos públicos, vetando a policía preditiva e o uso da IA para substituír as decisións xudiciais. Prohibición de decisións letais automatizadas. Defender a prohibición internacional e estatal do uso de IA para seleccionar obxectivos en conflitos armados; as máquinas non poden decidir sobre a vida e a morte das persoas. Protección dos neurodereitos. Impulsar lexislación que garanta a privacidade mental e a libre determinación da identidade fronte á manipulación ou ao rexistro neurocognitivo por parte de corporacións ou Estados. 8.3. Lingua galega, patrimonio cultural e intelixencia artificial soberana O galego debe estar presente en condicións de igualdade no desenvolvemento da intelixencia artificial e dos servizos dixitais para evitar que o noso futuro dependa de ferramentas privadas que o marxen ou reproduzan nesgos alleos á nosa realidade cultural. Financiamento das tecnoloxías da lingua. Reclamar partidas orzamentarias estatais específicas e proporcionais para a rexeneración dixital do galego, incluíndo modelos de linguaxe de gran escala públicos, corpus lingüísticos e ferramentas de procesamento de texto e voz. Plena dispoñibilidade do galego. Esixir ás plataformas dixitais a incorporación efectiva e de calidade do galego (en texto e voz) en sistemas operativos, aplicacións e modelos de IA, en igualdade co resto de linguas oficiais. DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANT… · 77

Señalar un error