Digitalización

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 78

“Ciencia aberta e retorno social. Modificar a Lei da Ciencia para que o software, algoritmos, patentes e propiedade intelectual derivados de proxectos financiados con fondos públicos ou desenvolvidos nas universidades públicas galegas e empresas se liberen baixo licenzas abertas, evitando a súa captura por parte de monopolios privados.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 78)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

Cooperación galego-portuguesa. Aproveitar o espazo lingüístico galego-portugués para compartir recursos tecnolóxicos e corpus. En cumprimento da Lei Paz-Andrade, garantir o acceso algorítmico por defecto aos contidos e medios de comunicación de Portugal e do Brasil, e viceversa. Dereito a modelos adaptados á nosa cultura. Promover o dereito dos pobos a exixiren versións dos grandes modelos de IA adaptadas á súa propia cultura, adestradas cos seus propios corpus e aliñadas cos seus consensos democráticos. Ciencia aberta e retorno social. Modificar a Lei da Ciencia para que o software, algoritmos, patentes e propiedade intelectual derivados de proxectos financiados con fondos públicos ou desenvolvidos nas universidades públicas galegas e empresas se liberen baixo licenzas abertas, evitando a súa captura por parte de monopolios privados. 8.4. Datos e coñecemento en man común Os datos xerados colectivamente pola cidadanía, polas Pemes e polas comunidades constitúen unha fonte de valor económico e social que non pode quedar sometida en exclusiva aos intereses das corporacións transnacionais. Defendemos modelos que manteñan a propiedade, o control e o valor dos datos no territorio onde se producen. Desenvolvemento de cooperativas de datos. Impulsar no Estado a lexislación europea sobre goberno de datos —Regulamento (UE) 2022/868— mediante normativa e financiamento específicos para fórmulas de xestión colectiva. Datos colectivos como ben común. Promover unha xestión democrática da información xerada por comunidades e Pemes, co obxectivo de preservar os dereitos das comunidades produtoras e evitar a apropiación unilateral do seu valor por parte de terceiros. Acceso común ao coñecemento. Instar o Goberno do Estado a defender ante a Unión Europea e os organismos internacionais a declaración do coñecemento xeral da humanidade como un ben en man común. Modelos de IA e coñecemento universal. Promover que os modelos de IA de risco sistémico adestrados con coñecemento de DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANT… · 78

Señalar un error