Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 79
“Custodia pública de datos estratéxicos. Garantir por lei que os datos sanitarios do SERGAS, educativos e expedientes administrativos se custodien e procesen baixo estrito control público, seguridade e protección de dereitos.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
interese común se poidan liberar de xeito seguro para o uso das distintas culturas, impedindo que a carreira pola hexemonía tecnolóxica bloquee o acceso compartido. Goberno democrático dos datos. Desenvolver instrumentos que garantan a participación das comunidades nas decisións sobre o uso e a reutilización dos datos colectivos, asegurando que os beneficios e o valor revertan no propio territorio. 8.5. Infraestruturas públicas, nube soberana e autonomía tecnolóxica A dependencia das multinacionais para almacenar e procesar información pública compromete a autonomía das administracións, encarece as licenzas e expón datos sensíbeis a marcos xurídicos estranxeiros. Galiza precisa infraestruturas públicas propias para decidir sobre a custodia e o tratamento da súa información estratéxica. Rede pública de almacenamento e computación. Impulsar unha lei de infraestruturas dixitais de propiedade pública e crear unha rede estatal de almacenamento e computación como alternativa soberana ás nubes privadas transnacionais. Nube pública galega. Reclamar a transferencia directa de fondos europeos e estatais de dixitalización para que Galiza desenvolva a súa propia infraestrutura pública de servidores, adaptada ás necesidades das administracións, universidades, servizos públicos e do noso tecido produtivo. Custodia pública de datos estratéxicos. Garantir por lei que os datos sanitarios do SERGAS, educativos e expedientes administrativos se custodien e procesen baixo estrito control público, seguridade e protección de dereitos. Reforma da contratación pública. Modificar a Lei de Contratos do Sector Público e o Esquema Nacional de Seguridade para reducir a dependencia de software privativo extraeuropeo, favorecendo o código aberto, as nubes públicas certificadas e a capacidade de auditoría. Protección fronte á lexislación extraterritorial. Avaliar e limitar os riscos de contratar provedores tecnolóxicos sometidos a leis de terceiros Estados —como a CLOUD Act estadounidense— que os obriguen a entregar información ao seu goberno, blindando a normativa europea de protección de datos. DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANT… · 79
Señalar un error