Digitalización

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 80

“Compra pública para a soberanía dixital. Orientar os investimentos cara a solucións que fortalezan as capacidades tecnolóxicas propias, favorezan a participación das Pemes locais e eviten dependencias estruturais dun oligopolio de provedores.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 80)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

Lingua e cultura na contratación tecnolóxica. Esixir en cada contrato público de software a presenza adecuada do galego e da nosa cultura, garantindo financiamento para nubes públicas federadas que permitan compartir capacidades entre administracións sen perder identidade. Compra pública para a soberanía dixital. Orientar os investimentos cara a solucións que fortalezan as capacidades tecnolóxicas propias, favorezan a participación das Pemes locais e eviten dependencias estruturais dun oligopolio de provedores. 8.6. Redes sociais ao servizo das persoas e liberdade de elección dixital As plataformas dixitais non deben organizarse para maximizar o tempo de uso, captar datos de comportamento ou condicionar condutas. Fronte a un negocio baseado na explotación da atención, defendemos servizos dixitais transparentes, interoperábeis e sometidos a garantías democráticas. Limitación de algoritmos manipulativos. Esixir ao Goberno do Estado un papel pioneiro na Unión Europea para limitar os algoritmos e os deseños que maximizan de forma deliberada o tempo de uso mediante condutas adictivas. Economía da intención. Favorecer a transición cara a un modelo dixital no que as persoas decidan libremente a información que reciben, evitando que os seus intereses sexan delegados en algoritmos comerciais. Interoperabilidade de redes sociais. Impor a interoperabilidade das redes sociais e servizos de mensaxería mediante protocolos abertos e federados, permitindo comunicarse con usuarios doutras plataformas e mudar de servizo sen cancelas tecnolóxicas. Alternativas abertas e descentralizadas. Favorecer o desenvolvemento de servizos dixitais abertos, federados e comunitarios para reducir a dependencia das grandes corporacións e potenciar a capacidade de decisión cidadá. Transparencia e pluralismo. Reforzar as garantías e auditorías sobre o funcionamento dos sistemas de recomendación para coñecer os criterios que condicionan a visibilidade e a circulación dos contidos en Internet. DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANT… · 80

Señalar un error