Impuestos

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 81

“Retorno fiscal ás comunidades. Reclamar que a recadación derivada destes impostos tecnolóxicos se transfira ás comunidades para financiar infraestruturas dixitais públicas, servizos de interese xeral e espazos de datos en man común.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 81)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

8.7. Fiscalidade e retorno social do valor dixital O modelo de negocio das multinacionais tecnolóxicas xera inxentes beneficios privados a partir de recursos e información que proceden do conxunto da sociedade. Cómpre estabelecer mecanismos fiscais e de control que garantan unha xusta redistribución de devandito valor e axuden a financiar as nosas propias infraestruturas públicas. Fiscalidade do capitalismo de vixilancia. Promover no marco estatal e europeo a tributación do negocio baseado na extracción masiva de datos, gravando esta actividade segundo o volume real de persoas usuarias en cada territorio. Retorno fiscal ás comunidades. Reclamar que a recadación derivada destes impostos tecnolóxicos se transfira ás comunidades para financiar infraestruturas dixitais públicas, servizos de interese xeral e espazos de datos en man común. Tributación efectiva contra a elusión. Defender medidas estritas contra a enxeñaría fiscal e a concentración de beneficios das grandes plataformas, obrigándoas a contribuír de forma xusta aos servizos públicos dos territorios onde operan. Financiamento de capacidades propias. Vincular as políticas fiscais e de investimento público ao desenvolvemento dunha economía dixital soberana que apoie a innovación, o software libre e o tecido de pequenas e medianas empresas galegas. 8.8. Sustentabilidade ambiental e loita contra o extractivismo dixital A expansión das infraestruturas dixitais non pode xustificar a sobreexplotación dos recursos naturais nin o consumo insostíbel de auga e enerxía. A implantación de centros de datos e a extracción de minerais críticos deben estar subordinadas á planificación pública, á sustentabilidade e ao retorno social e industrial do noso país. Reforma da Lei de Telecomunicacións e do Sector Eléctrico. Impulsar cambios normativos estatais para estabelecer límites estritos e vinculantes á implantación de macrocentros de datos privados, garantindo a súa compatibilidade coas necesidades do territorio. DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANT… · 81

Señalar un error