Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 82
“Cohesión contra os custos ambientais. Impor criterios de proximidade enerxética e compatibilidade ambiental para evitar un modelo asimétrico onde os custos ecolóxicos queden en Galiza mentres os beneficios económicos fuxen fóra.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
Auditorías hídricas e ambientais. Condicionar calquera proxecto tecnolóxico a unha avaliación rigorosa que garanta que o seu consumo de auga non sature os acuíferos nin prexudique o abastecemento da poboación e dos ecosistemas. Enerxía renovábel e capacidade da rede. Esixir que estas grandes infraestruturas se abastezan ao 100% con enerxías renovábeis de nova xeración propias, impedindo que saturen a rede pública ou despracen outros usos prioritarios. Aproveitamento obrigatorio de calor residual. Promover o uso obrigatorio da calor xerada polos centros de datos para abastecer industrias, servizos públicos ou redes de calefacción locais, revertendo de xeito produtivo no territorio. Participación, canon e retorno territorial. Estabelecer plans industriais vinculantes e un canon específico por capacidade instalada que vaia destinado integramente a financiar a transición dixital e o desenvolvemento local das comunidades afectadas. Fin dos enclaves extractivos dixitais. Opoñerse ao sovereignty washing de multinacionais que usan os recursos galegos sen xerar valor engadido real. Baixo estes criterios de control e sustentabilidade examinaranse proxectos como o centro de datos de Curtis vinculado a Microsoft. Minerais críticos e transformación industrial. Promover normativa para que os proxectos de minería estratéxica de transición dixital (como o litio ou o cobre) estean condicionados por lei á súa transformación industrial e á creación de valor tecnolóxico en Galiza. Cohesión contra os custos ambientais. Impor criterios de proximidade enerxética e compatibilidade ambiental para evitar un modelo asimétrico onde os custos ecolóxicos queden en Galiza mentres os beneficios económicos fuxen fóra. 8.9. Galiza como nodo de interconexión dixital atlántico Galiza dispón dunha posición estratéxica na fachada atlántica ideal para coliderar un ecosistema dixital propio, cooperar co norte de Portugal e crear actividade tecnolóxica de alto valor. Esta oportunidade debe aproveitarse cun modelo de infraestruturas ao servizo do desenvolvemento económico do DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANT… · 82
Señalar un error