Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 84
“Garantir o respecto aos tempos de descanso, evitando comunicacións e esixencias laborais fóra da xornada de traballo.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
9. POLÍTICAS PARA A MOCIDADE O contexto político, económico e social de 2026, marcado pola precariedade, as dificultades de acceso á vivenda, a emigración forzosa e a escalada bélica internacional impulsada por intereses imperialistas, evidencia a necesidade dunha alternativa desde unha perspectiva nacionalista. Nunha Galiza sometida á dependencia e á subordinación colonial do Estado español, a mocidade sofre as consecuencias dun modelo que limita as súas oportunidades e compromete o seu futuro. Consecuencia disto a mocidade do noso país padece de salarios máis baixos, precariedade, desemprego, a imposibilidade de acceder a unha viveda digna e o empobrecemento xeralizado da poboación que lle afecta de maneira especial. Fronte a esta realidade, defendemos a soberanía nacional como ferramenta para garantir os dereitos da mocidade. Queremos construír unha Galiza máis xusta e igualitaria, na que poidamos xestionar todalas políticas públicas do noso país tendo en conta as problemáticas concretas da nosa mocidade, que requiren de solucións específicas, como forma de asegurar un futuro onde poder vivir, traballar e desenvolver o noso proxecto de vida na nosa terra. Propomos: Deseñar políticas de fomento do emprego xuvenil coa finalidade de crear emprego estábel e unhas condicións laborais dignas, tendo como obxectivo prioritario a igualdade de condicións e oportunidades das mozas e dos mozos galegos. Fomentar axudas directas para a incorporación da mocidade no sector primario e medidas complementarias para as que continúan a súa actividade, así como un apoio eficaz e un reforzo nas axudas e no asesoramento para tomar a remuda nas explotacións. Garantir o respecto aos tempos de descanso, evitando comunicacións e esixencias laborais fóra da xornada de traballo. Promover o emprego xuvenil vinculado á transición enerxética xusta, á conservacación ambiental e á recuperación dos POLÍTICAS PARA A MOCIDADE · 84
Señalar un error