Igualdad

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 85

“Garantir que exista unha oferta real de contidos audiovisuais en lingua galega, tanto nas plataformas audivisuais, de streaming, coma nos videoxogos; vixiando o crumprimento efectivo da Lei do Audiovisual.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 85)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

ecosistemas, garantindo que Galiza poida decidir sobre os seus recursos naturais. Garantir o acceso da mocidade como un dos actores prioritarios ao parque de vivenda pública. Esixindo urxentemente ao Estado a transferencia de todos os activos da SAREB á Xunta de Galiza para destinalos á promoción de vivenda pública, sobre todo en réxime de aluguer, sendo a mocidade un dos actores de acceso prioritario a estas vivendas. Estabelecer medidas contra a discriminación de persoas novas no acceso á vivenda por non dispoñeren de avais familiares ou por ter contratos laborais temporais. Garantir oportunidades de emprego, vivenda e emprendemento no rural, mediante un programa de rehabilitación de vivendas baleiras, mellorando os servizos públicos, o transporte e a conectividade. Garantir que exista unha oferta real de contidos audiovisuais en lingua galega, tanto nas plataformas audivisuais, de streaming, coma nos videoxogos; vixiando o crumprimento efectivo da Lei do Audiovisual. Transferencia plena das competencias de ensino á Galiza para poder contar cun ensino público e de calidade adaptado ás nosas características nacionais e en especial á realidade sociolaboral da mocidade galega. Transferencias das competencias das bolsas universitarias á Xunta de Galiza, superando o actual modelo de distribución entre a poboación e garantindo así o acceso á ensinanza superior. Supresión das taxas de reposición para garantir estabilidade ao novo profesorado investigador e asegurar a remuda xeracional. Reverter os aspectos lesivos mantidos ou introducidos pola nova lexislación en materia de ensino na LOMLOE, LOSU e Lei de FP. Garantir a remuneración das prácticas, asegurando que sexan unha experiencia formativa e de aprendizaxe para as estudantes e non unha substitución dun traballador ou traballadora, evitando a precarización da mocidade no ámbito laboral. Equiparar os dereitos laborais e a remuneración dos contratos de formación como en calquera actividade laboral. POLÍTICAS PARA A MOCIDADE · 85

Señalar un error