Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 86
“Elaboración de plans de prevención e de choque para combater a ludomanía, así como a eliminación dos anuncios e das promocións do xogo en calquera ámbito (recreativo ou deportivo).”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
Desenvolver un plan de choque para o retorno das persoas mozas emigradas, garantindo unha inserción laboral e un acceso á vivenda dignos. Recoñecer o dereito das mozas e dos mozos de 16 e 17 anos a poderen votar nas diferentes convocatorias electorais. Destinar 1 % dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) a políticas para a mocidade, transferindo os fondos ás comunidades autónomas para que estas poidan deseñar políticas adaptadas aos intereses da súa mocidade. Promover e elaboración dun plan de prevención e erradicación das violencias machistas e LGBTIfóbicas. Elaboración dun protocolo estatal para a prevención, detección e tratamento do acoso escolar e o ciberacoso. Impulso dun plan de prevención e actuación para a saúde mental dirixido á mocidade, destinando recursos económicos e materiais suficientes para o seu tratamento. Abolición permanente do servizo militar obrigatorio, rachar co modelo de suspensión do servizo estabelecido no ano 2001 e eliminar da lexislación a posibilidade da súa restitución. Promover o transporte colectivo entre a mocidade menor de 30 anos a través de bonificacións nas viaxes en transporte por estrada e por ferrocarril. Mellorar e ampliar as infraestruturas ferroviarias galegas, dende as conexións entre cidades, vilas e comarca. Garantindo así o dereito real á mobilidade para a mocidade en toda Galiza, á vez que se impulsa a tranferencia plena destas competencias á Xunta de Galiza, a comezar pola creación do Galitren ou tren de proximidade na Galiza. Elaboración de plans de prevención e de choque para combater a ludomanía, así como a eliminación dos anuncios e das promocións do xogo en calquera ámbito (recreativo ou deportivo). Derrogación íntegra da Lei Mordaza por favorecer a discrecionalidade policial, a criminalización do dereito de reunión e manifestación e afondar na indefensión das e dos cidadáns. Especialmente a supresión da desobediencia e resistencia á autoridade, que é considerada unha infracción grave, igual que a negativa a identificarse ou a falta de consideración a algún axente das Forzas e Corpos de Seguranza do Estado. Debe tamén prohibirse o uso de pelotas de goma, as devolucións en quente e eliminarse o principio de POLÍTICAS PARA A MOCIDADE · 86
Señalar un error