Otras propuestas

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 88

“Impulsar accións e políticas decididas para promover a igualdade no deporte e a participación das mulleres en todas as disciplinas deportivas, tanto no deporte base como no profesional.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 88)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

10. DEPORTES Traspasar as competencias en materia deportiva do Consello Superior de Deportes e das federacións deportivas. Garantir a participación das seleccións galegas con pleno dereito, en todas as disciplinas, nas competicións deportivas internacionais oficiais. Acometer as accións necesarias para que as federacións galegas de cada disciplina deportiva sexan as últimas instancias organizativas de cada un dos deportes no noso país. Modificar as infraccións e sancións recollidas na Lei estatal do deporte, que actualmente están a penalizar condutas como a exhibición de faixas ou bandeiras e que atentan contra os dereitos fundamentais. Impulsar accións e políticas decididas para promover a igualdade no deporte e a participación das mulleres en todas as disciplinas deportivas, tanto no deporte base como no profesional. Impulsar accións que garantan o exercicio dos dereitos de conciliación das mulleres deportistas cando son nais así como a loita contra calquera forma de discriminación que esixa ás mulleres deportistas escoller entre ser nais ou dar continuidade á súa carreira deportiva profesional. Achegar máis recursos económicos para impulsar instalacións deportivas accesíbeis, dirixidas especialmente a persoas con discapacidade e con mobilidade reducida. DEPORTES · 88

Señalar un error