Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 89
“Saída da OTAN e defensa de disolución desa alianza militar imperialista.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
11. GALIZA POLA PAZ O BNG, como forza pacifista e antiimperialista, que aposta polo respecto á soberanía nacional dos pobos e pola resolución pacífica dos conflitos, rexeita de maneira rotunda a política de inxerencias que está a manter o Estado español nos conflitos internacionais, ao se revelar simplemente como un peón dos Estados Unidos e da OTAN, cuxo obxectivo é recuperar un enfrontamento entre bloques que lle permita demorar a súa perda da hexemonía mundial nos campos político e económico. A nosa loita política tamén traballa para mudar a globalización en favor dunha relación en pé de igualdade entre nacións, ademais de para converter o noso país nun actor que a nivel internacional axude a construír un modelo alternativo ao actual capitalismo transnacional cos demais pobos. Ao defendermos a soberanía do pobo galego, reivindicamos tamén a necesidade de recuperarmos o respecto polo principio de soberanía e a non-inxerencia tamén para os demais. Avogamos, por tanto, en favor de que o Estado respecte os seus compromisos como signatario da Carta da ONU e dos pactos e acordos posteriores que recollen o dereito dos pobos á auto-determinación —comezando polas nacións que aínda facemos parte del— e se afaste das estratexias bélicas e intervencionistas. Nese sentido, condenamos todas as agresións e defendemos: O status internacional de neutralidade activa do Estado español, que incluirá: Saída da OTAN e defensa de disolución desa alianza militar imperialista. 1. Retirada inmediata dos milleiros de efectivos militares españois participantes en misións OTAN e USA, e en concreto nos países fronteirizos coa Federación Rusa. 2. Apoio ás iniciativas que busquen a paz no conflito ruso-ucraíno a través dunha saída diplomática e negociada a esta contenda, censando de inmediato o envío de armamento español á Ucraína, que non fai máis que alongar o conflito e o sufrimento. Reforzar o envío de material humanitario. 3. Eliminación de calquera venda de armamento a estados con réximes ditatoriais e/ou que agridan militarmente 4. GALIZA POLA PAZ · 89
Señalar un error