Política exterior

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 89

“Apoio ás iniciativas que busquen a paz no conflito ruso-ucraíno a través dunha saída diplomática e negociada a esta contenda, censando de inmediato o envío de armamento español á Ucraína, que non fai máis que alongar o conflito e o sufrimento. Reforzar o envío de material humanitario.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 89)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

11. GALIZA POLA PAZ O BNG, como forza pacifista e antiimperialista, que aposta polo respecto á soberanía nacional dos pobos e pola resolución pacífica dos conflitos, rexeita de maneira rotunda a política de inxerencias que está a manter o Estado español nos conflitos internacionais, ao se revelar simplemente como un peón dos Estados Unidos e da OTAN, cuxo obxectivo é recuperar un enfrontamento entre bloques que lle permita demorar a súa perda da hexemonía mundial nos campos político e económico. A nosa loita política tamén traballa para mudar a globalización en favor dunha relación en pé de igualdade entre nacións, ademais de para converter o noso país nun actor que a nivel internacional axude a construír un modelo alternativo ao actual capitalismo transnacional cos demais pobos. Ao defendermos a soberanía do pobo galego, reivindicamos tamén a necesidade de recuperarmos o respecto polo principio de soberanía e a non-inxerencia tamén para os demais. Avogamos, por tanto, en favor de que o Estado respecte os seus compromisos como signatario da Carta da ONU e dos pactos e acordos posteriores que recollen o dereito dos pobos á auto-determinación —comezando polas nacións que aínda facemos parte del— e se afaste das estratexias bélicas e intervencionistas. Nese sentido, condenamos todas as agresións e defendemos: O status internacional de neutralidade activa do Estado español, que incluirá: Saída da OTAN e defensa de disolución desa alianza militar imperialista. 1. Retirada inmediata dos milleiros de efectivos militares españois participantes en misións OTAN e USA, e en concreto nos países fronteirizos coa Federación Rusa. 2. Apoio ás iniciativas que busquen a paz no conflito ruso-ucraíno a través dunha saída diplomática e negociada a esta contenda, censando de inmediato o envío de armamento español á Ucraína, que non fai máis que alongar o conflito e o sufrimento. Reforzar o envío de material humanitario. 3. Eliminación de calquera venda de armamento a estados con réximes ditatoriais e/ou que agridan militarmente 4. GALIZA POLA PAZ · 89

Señalar un error