Política exterior

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 90

“Opoñerse, no ámbito da UE, á militarización e ao desvío orzamentario de partidas sociais destinadas a fins militares e á industria bélica. Excluír da explotación nos plans de minaría, no ámbito das actuais competencias españolas en materia de lexislación básica sobre minaría e dos plans de exploración mineira, aquelas materias primas -litio, coltán, neodimo, berilio, etc- definidas como críticas e estratéxicas para uso militar pola OTAN e a UE.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 90)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

outros pobos. Reforzo do control parlamentar neste ámbito. Cancelación dos acordos bilaterais España-USA e instar á retirada dos efectivos militares no Estado español. 5. Rexeitamento ao incremento do gasto militar e ao acatamento das directrices OTAN e Estados Unidos neste ámbito. Redución progresiva das cantidades millonarias dilapidadas nesta materia, que ademais implican recortes en servizos públicos esenciais como a sanidade, o ensino e os servizos sociais. Opoñerse, no ámbito da UE, á militarización e ao desvío orzamentario de partidas sociais destinadas a fins militares e á industria bélica. Excluír da explotación nos plans de minaría, no ámbito das actuais competencias españolas en materia de lexislación básica sobre minaría e dos plans de exploración mineira, aquelas materias primas -litio, coltán, neodimo, berilio, etc- definidas como críticas e estratéxicas para uso militar pola OTAN e a UE. Avanzar no proceso de desmilitarización de Galiza e devolución paulatina dos espazos (a comezar polos declarados de non interese militar) para uso civil e traspaso á Xunta. Defender unha nova arquitectura internacional igualitaria entre os pobos, non xerarquizada, que recoñeza o dereitos das nacións á súa libre determinación -a comezar pola nosa- e a se relacionaren en pé de igualdade, sen inxerencias nin agresións en coherencia coa nosa visión pacifista e antiimperialista. No inmediato: a) Anular o cambio de posición do goberno español a respecto do dereito á autodeterminación do pobo saharauí, condenando enerxicamente a ocupación marroquí do Sáhara Occidental, e instando a que o Estado español impulse un referendo de autodeterminación con garantías democráticas. b) Condenar enerxicamente o Estado de Israel pola ocupación e colonialismo nos territorios ocupados da Palestina. Recoñecemento real e efectivo do Estado palestino. c) Chamar á fin das agresións imperialistas, particularmente no Oriente Medio e no Norte de África. d) Rexeitar a política de inxerencia dos Estados Unidos, que busca desestabilizar os gobernos progresistas de América Latina, e que mantén a agresión a Venezuela e o bloqueo a Cuba. GALIZA POLA PAZ · 90

Señalar un error