Inmigración

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 91

“Renegociar os acordos Schengen en favor dunha acción decidida en prol de políticas novas de migracións internacionais e de desenvolvemento. Do mesmo xeito, oporse de pleno a calquera reforma regresiva en materia de dereitos e de liberdades individuais e civís coa desculpa de ameazas antiterroristas.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 91)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

Defender unha política de paz opóndose ás medidas que buscan estender na sociedade o militarismo; e consecuentemente demandamos a abolición definitiva do Servizo Militar Obrigatorio (só en "suspensión" desde o ano 2001) por responder ás estratexias bélicas da OTAN e UE, e sendo o exército español unha ferramenta do réxime, ao servizo do centralismo españolizador e negador da realidade plurinacional do Estado. Oporse a calquera tipo de tratado comercial internacional que vulnere a soberanía dos pobos e os dereitos sociais, laborais, ambientais e os relativos a unha vida digna e saudábel. Combater as causas radicais das migracións en masa, en especial as políticas neocoloniais e imperialistas no continente africano ou no Oriente Medio, as guerras, o saqueo dos recursos naturais...; en definitiva, inxerencia externa. Defender no seo da Unión Europea unha política de migracións respectuosa co dereito de asilo político, cos dereitos sociais e laborais e co desenvolvemento dos pobos. Renegociar os acordos Schengen en favor dunha acción decidida en prol de políticas novas de migracións internacionais e de desenvolvemento. Do mesmo xeito, oporse de pleno a calquera reforma regresiva en materia de dereitos e de liberdades individuais e civís coa desculpa de ameazas antiterroristas. GALIZA POLA PAZ · 91

Señalar un error