Apartados
Propuestas por tema
Vivienda
“Transferencia dos activos da SAREB (entidade de xestión de activos inmobiliarios das entidades financeiras saneadas) situados en Galiza, para incorporación nunha bolsa de vivendas e inmóbeis para fomento da vivenda pública social en Galiza.”
Texto literal del programa oficial · pág. 10 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Topar por lei os prezos dos alugueiros e prohibir os desafiuzamentos de persoas en situación de vulnerabilidade, así como decretar a suspensión automática e indefinida de calquera lanzamento sen alternativa habitacional Impulsar a protección e estabilidade das persoas arrendatarias ante as dinámicas especulativas, estabelecendo a renovación automática dos alugueiros, blindando por lei o carácter indefinido dos contratos de alugueiro e impulsando mecanismos e recursos para a persecución das prácticas de acoso, discriminación e abuso inmobiliario.”
Texto literal del programa oficial · pág. 12 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Facilitar a expropiación forzosa de vivendas de promoción públicas adquiridas por fondos de investimento.”
Texto literal del programa oficial · pág. 12 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Estabelecer mecanismos eficaces para frear a fuxida de vivenda habitual cara o alugueiro de tempada, por habitacións e de uso turístico.”
Texto literal del programa oficial · pág. 12 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Destinar o 3% dos Orzamentos Xerais do Estado para financiar mediante o Plan estatal de vivenda a creación dun parque público de alugueiro permanente.”
Texto literal del programa oficial · pág. 12 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Estender o requisito de cualificación permanente como vivenda protexida a aquelas vivendas adquiridas por entidades sen ánimo de lucro ou de lucro limitado especializadas en vivenda que recibisen financiación pública para tal fin.”
Texto literal del programa oficial · pág. 12 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Incrementar as reservas mínimas de solo de vivenda protexida para actuacións de renovación e rexeneración urbanas impedindo a diminución do porcentaxe da reserva xeral de solo da edificabilidade residencial en solo urbano non consolidado e solo urbanizable destinado a vivenda protexida.”
Texto literal del programa oficial · pág. 12 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir legalmente o carácter permanentemente público das vivendas financiadas con recursos públicos e impedir a súa privatización.”
Texto literal del programa oficial · pág. 12 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Modificar as axudas do Plan estatal de vivenda destinadas á rehabilitación, accesibilidade e renovación urbana e rural para que se condicionen á duración dos contratos vixentes e futuros das vivendas ou edificios subvencionados ou ben ao control de rendas durante un período de tempo determinado, co fin de evitar que as melloras, en ámbitos con forte presión especulativa, deriven en finalización de contratos ou subas abusivas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 13 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Estabelecer mecanismos eficaces que garantan o acceso das persoas vulnerábeis ás axudas para a mellora da eficiencia enerxética e da accesibilidade.”
Texto literal del programa oficial · pág. 13 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Evitar a degradación, o alleamento e a privatización do patrimonio público do solo e da vivenda, nomeadamente de entidades estatais como ADIF, INVIED ou Portos do Estado, procurando o seu uso como vivendas e espazos públicos e a cesión ás CCAA.”
Texto literal del programa oficial · pág. 13 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Actualizar o CTE para incrementar as esixencias en materia de eficiencia enerxética dos edificios e adecualo á solucións emerxentes como a construción industrializada en madeira.”
Texto literal del programa oficial · pág. 13 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Estabelecer un programa específico e con recursos suficientes para a mellora da eficiencia enerxética de edificios públicos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 13 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar o PERTE de Industrialización da Construción priorizando a especialización por segmentos adaptada á realidade produtiva de cada territorio.”
Texto literal del programa oficial · pág. 13 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Facilitar a portabilidade das hipotecas de tipo variábel a tipo fixo e endurecer o marco legal para evitar os abusos bancarios en relación ao financiamento da compra de vivenda para uso residencial.”
Texto literal del programa oficial · pág. 14 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Promover o cooperativismo de propiedade e alugueiro, alargando as bonificacións fiscais e despregando liñas de financiamento sen xuros, que deberán ser vehiculados a través das CCAA.”
Texto literal del programa oficial · pág. 14 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Adoptar as medidas necesarias para facilitar a aplicación por parte CCAA de mecanismos como o alugueiro forzoso, a expropiación temporal ou o estabelecemento de canon á vivenda desocupada (importe de como mínimo 10 euros por metro cadrado, incrementándose un 10% anual até o triplo do importe inicial) para as vivendas baleiras desde hai 5 ou máis anos e en mans de grandes propietarios.”
Texto literal del programa oficial · pág. 14 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Promover as modificacións legais que faciliten a creación de empresas públicas, de ámbito autonómico, municipal ou supramunicipal para a promoción de vivenda pública e a xestión de programas de subarrendo e alugueiro social.”
Texto literal del programa oficial · pág. 14 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Transferir á Xunta de Galiza os edificios propiedade do Ministerio de Defensa que se atopan sen uso na actualidade para incrementar o parque público de vivenda de uso residencial.”
Texto literal del programa oficial · pág. 14 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Programas específicos de financiamento de vivenda para o estudantado, en especial a través de residencias públicas universitarias.”
Texto literal del programa oficial · pág. 36 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir o acceso da mocidade como un dos actores prioritarios ao parque de vivenda pública. Esixindo urxentemente ao Estado a transferencia de todos os activos da SAREB á Xunta de Galiza para destinalos á promoción de vivenda pública, sobre todo en réxime de aluguer, sendo a mocidade un dos actores de acceso prioritario a estas vivendas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 85 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Estabelecer medidas contra a discriminación de persoas novas no acceso á vivenda por non dispoñeren de avais familiares ou por ter contratos laborais temporais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 85 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir oportunidades de emprego, vivenda e emprendemento no rural, mediante un programa de rehabilitación de vivendas baleiras, mellorando os servizos públicos, o transporte e a conectividade.”
Texto literal del programa oficial · pág. 85 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
Empleo
“Transferencia das competencias en materia de relacións laborais, co obxectivo de que Galiza teña plena capacidade lexislativa e normativa para estabelecer un marco galego de relacións laborais visando blindar a negociación colectiva e garantir traballo digno e con dereitos para toda a poboación. Tamén para poder estabelecer unha renda social básica que permita desfrutar de condicións de vida dignas e participación social plena a toda a poboación galega, sen exclusións de ningún tipo.”
Texto literal del programa oficial · pág. 9 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Transferir a Galiza todas as competencias pendentes en xestión do traballo, emprego, formación e recoñecemento de prestacións.”
Texto literal del programa oficial · pág. 15 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Recoñecer a participación institucional real das centrais sindicais coa condición legal de máis representativas fronte a exclusión práctica das non estatais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 15 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Adoptar medidas que garantan o exercicio pleno dos dereitos laborais e a liberdade sindical, penalizando de maneira contundente o acoso laboral e as medidas represivas por parte das empresas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 15 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Cumprir de maneira efectiva a Carta Social Europea como marco básico de dereitos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 15 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Derrogar integramente das contrarreformas laborais que consolidaron a mudanza aprobada en 2021 e impulsar unha modificación integral do Estatuto do Traballo para restituír, entre outros dereitos: Os 45 días de indemnización e un máximo de 42 mensualidades por despedimento improcedente. A autorización administrativa nos despedimentos colectivos. Os salarios de tramitación. Medidas que poñan control á subcontratación para a equiparación real de dereitos dos traballadores e traballadoras e para que haxa un fortalecemento da negociación colectiva. A prevalencia dos convenios sectoriais sobre o da empresa —non só nos salarios— así como a prevalencia dos convenios de ámbito provincial ou galego sobre os convenios de ámbito estatal.”
Texto literal del programa oficial · pág. 15 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Promover a implantación da xornada laboral de 35 horas semanais sen redución salarial, e avanzar no horizonte da xornada de 32 horas semanais en 4 xornadas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 15 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Incrementar o Salario Mínimo Interprofesional até o situar no 60 % do salario medio, tal e como fixa a Carta Social Europea conforme aos datos do EUROSTAT.”
Texto literal del programa oficial · pág. 15 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Aprobar a descentralización do SMI para que en Galiza teñamos competencia para mellorar o estatal.”
Texto literal del programa oficial · pág. 16 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Redefinir as causas económicas/organizativas do despedimento obxectivo (última ratio) e período de consultas mínimo dun mes con informe vinculante da Inspección.”
Texto literal del programa oficial · pág. 16 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Dar opción da persoa traballadora entre readmisión e indemnización nos despedimentos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 16 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Desenvolver un Marco Galego de Relacións Laborais, é dicir, ter como obxectivo convenios de ámbito galego, mais tamén que, en todo caso, os convenios de nivel superior ao de empresa teñan prevalencia sobre os de rango inferior e tamén sobre os estatais. Igualmente, os acordos sobre materias concretas ou acordos de estrutura a nivel de Galiza deben prevalecer sobre aqueles de ámbito estatal de semellantes características.”
Texto literal del programa oficial · pág. 16 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Eliminar as Empresas de Traballo Temporal (ETT) e as axencias privadas de colocación, a subcontratación en cadea, as falsas/os autónomas/os e asegurar a igualdade de condicións laborais e retributivas nos Centros Especiais de Emprego.”
Texto literal del programa oficial · pág. 16 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reforzar o Servizo Público de Emprego (SEPE) e garantir a cobertura de todas as persoas sen ocupación.”
Texto literal del programa oficial · pág. 16 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar un plan de acción contra a sinistralidade laboral que abranga:”
Texto literal del programa oficial · pág. 16 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“A promoción do emprego estábel naqueles sectores con maiores taxas de sinistralidade.”
Texto literal del programa oficial · pág. 16 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Un maior control e fiscalización das empresas e sectores que acumulan un elevado número de accidentes no traballo.”
Texto literal del programa oficial · pág. 16 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Redución obrigatoria da xornada laboral nas actividades máis perigosas, entre outras medidas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 16 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Actualización lexislativa en acoso, riscos psicosociais e trastornos músculo-esqueléticos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 16 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Mecanismos de paralización da actividade ante risco grave e inminente.”
Texto literal del programa oficial · pág. 16 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Protección na maternidade/lactación con risco.”
Texto literal del programa oficial · pág. 16 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reforzo da vixilancia e protección onde haxa subcontratación ou descentralización produtiva.”
Texto literal del programa oficial · pág. 16 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Ampliación do recoñecemento legal de enfermidades profesionais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 17 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Derrogar o IPREM (DL 3/2004), recuperando o SMI como único indicador de renda.”
Texto literal del programa oficial · pág. 17 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Realizar auditorías retributivas e plans de igualdade de obrigado cumprimento, con reforzo da Inspección de Traballo.”
Texto literal del programa oficial · pág. 17 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Limitar a duración máxima dos períodos de proba a 15 días e esixir causa motivada para a súa non superación.”
Texto literal del programa oficial · pág. 17 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Limitar a modalidade de contratación fixo-discontinúa: chamamentos cun máximo de 2–3 meses de intervalo, preaviso mínimo de 15 días, indemnización de 45 días/ano por fin de chamamento; prohibición desta modalidade nas ETT e en xornada parcial.”
Texto literal del programa oficial · pág. 17 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Limitar a contratación a tempo parcial esixindo unha xornada mínima de 20 horas semanais, limitación do 15% do cadro de persoal a tempo parcial por empresa, restrición das horas complementarias (só indefinidos, non obrigatorias).”
Texto literal del programa oficial · pág. 17 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir unha retribución do 100% do convenio os contratos formativos con duración inferior ao ano, prohibición en ERTE.”
Texto literal del programa oficial · pág. 17 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Estabelecer a subrogación obrigatoria na sucesión empresarial e na contratación pública.”
Texto literal del programa oficial · pág. 17 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Eliminar as modificacións substanciais en salario e redución de xornada, así como limitar os descolgues e a distribución irregular da xornada.”
Texto literal del programa oficial · pág. 17 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Restrinxir a aplicación de ERTE, evitando o seu carácter permanente e que se combinen con outras medidas de recorte laboral.”
Texto literal del programa oficial · pág. 17 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Estabelecer o rexistro dixital, transparente e con trazabilidade verificábel da xornada laboral e limitación da distribución irregular.”
Texto literal del programa oficial · pág. 17 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Aplicar medidas de control reforzado para os réximes de teletraballo, cun marco claro e limitacións á súa aplicación.”
Texto literal del programa oficial · pág. 17 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Prestación contributiva: Elevar a súa contía ao 75% da base reguladora os primeiros 180 días e 65% despois, non podendo ser nunca inferior ao SMI.”
Texto literal del programa oficial · pág. 17 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Subsidio por desemprego non inferior ao SMI en toda a súa duración.”
Texto literal del programa oficial · pág. 17 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Fixos-descontinuos: subsidio sen tempo mínimo de cotización previa e duración mínima de 6 meses.”
Texto literal del programa oficial · pág. 18 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Revisión das táboas de cotización por desemprego para penalizar a contratación precaria e favorecer a indefinida a tempo completo.”
Texto literal del programa oficial · pág. 18 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir a revalorización salarial anual das empregadas e empregados do sector público.”
Texto literal del programa oficial · pág. 18 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Suprimir por lei a taxa de reposición; taxa de interinidade máxima do 5%; procesos selectivos executábeis en 12 meses.”
Texto literal del programa oficial · pág. 18 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Promover que a prestación dos servizos públicos se realice con persoal público (funcionario, laboral ou de empresa pública), restrinxindo as privatizacións e facilitando a internalización dos xa privatizados.”
Texto literal del programa oficial · pág. 18 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reforzar os mecanismos de inspección laboral e combater a explotación.”
Texto literal del programa oficial · pág. 22 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Apoiar a afiliación sindical e a organización colectiva.”
Texto literal del programa oficial · pág. 22 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Recoñecer e dignificar o traballo de coidados, maioritariamente realizado por mulleres inmigrantes.”
Texto literal del programa oficial · pág. 22 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Cumprir coa elaboración pendente do catálogo de enfermidades profesionais recollidas na lei de pesca do 2023 a instancias do BNG para o recoñecemento das enfermidades profesionais das mulleres do marisqueo.”
Texto literal del programa oficial · pág. 27 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reclamar mellores condicións laborais para as traballadoras dos coidados, a comezar polas traballadoras do SAF e das residencias de maiores.”
Texto literal del programa oficial · pág. 40 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Elaboración dun catálogo de enfermidades profesionais propias dos traballadores e traballadoras do mar, nomeadamente mexilloeiros, mariscadoras e mariscadores, percebeiros e mergulladores para a recolección de recursos específicos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 50 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Convenios colectivos que garantan condicións laborais dignas para os tripulantes de pesca de altura, grande altura e litoral.”
Texto literal del programa oficial · pág. 50 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Traballar para aproximar progresivamente os dereitos das persoas autónomas aos das persoas traballadoras por conta allea, especialmente en materia de incapacidade temporal, maternidade, paternidade, conciliación, xubilación e protección ante o cesamento da actividade.”
Texto literal del programa oficial · pág. 51 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Promover mecanismos que permitan exercer o dereito a unha baixa médica sen que iso poña en risco o mantemento da actividade.”
Texto literal del programa oficial · pág. 52 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Defender prestacións suficientes e un acceso máis sinxelo e efectivo á protección por cesamento de actividade.”
Texto literal del programa oficial · pág. 52 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Defender que as persoas autónomas poidan exercer plenamente o seu dereito á vida persoal e familiar a través de medidas que faciliten a conciliación, a maternidade e paternidade, a atención ás persoas dependentes e a cobertura económica durante os períodos nos que resulte imposíbel manter a actividade profesional.”
Texto literal del programa oficial · pág. 52 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar políticas específicas para eliminar as desigualdades que afectan ás mulleres autónomas e combater a fenda económica e de protección social.”
Texto literal del programa oficial · pág. 52 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir condicións laborais e salariais dignas e estábeis para o persoal científico e investigador, así como os recursos necesarios para desenvolver a súa carreira investigadora ao longo das distintas etapas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 52 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Elaborar un Estatuto do Persoal de Investigación que inclúa a todo o persoal investigador, técnico e de xestión científica co obxectivo de garantir dereitos mínimos en canto a retribucións, a progresión da carreira investigadora e a estabilidade laboral, entre outras cuestións.”
Texto literal del programa oficial · pág. 53 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Deseñar políticas de fomento do emprego xuvenil coa finalidade de crear emprego estábel e unhas condicións laborais dignas, tendo como obxectivo prioritario a igualdade de condicións e oportunidades das mozas e dos mozos galegos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 84 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir o respecto aos tempos de descanso, evitando comunicacións e esixencias laborais fóra da xornada de traballo.”
Texto literal del programa oficial · pág. 84 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir a remuneración das prácticas, asegurando que sexan unha experiencia formativa e de aprendizaxe para as estudantes e non unha substitución dun traballador ou traballadora, evitando a precarización da mocidade no ámbito laboral.”
Texto literal del programa oficial · pág. 85 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Equiparar os dereitos laborais e a remuneración dos contratos de formación como en calquera actividade laboral.”
Texto literal del programa oficial · pág. 85 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
Economía
“Regular legalmente os prezos dos produtos básicos de alimentación, garantindo simultaneamente prezos accesíbeis para a maioría social e retribucións xustas para quen os produce. Aplicación de medidas contundentes contra a especulación nos mercados de alimentos e enerxía, así como contra os beneficios extraordinarios das grandes empresas de distribución e comercio de alimentación.”
Texto literal del programa oficial · pág. 21 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Facilitar o acceso a contas bancarias de pago básicas e gratuítas para todas as persoas en situación de vulnerabilidade social e mellorar as súas condicións de uso.”
Texto literal del programa oficial · pág. 21 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Fomento da participación das pequenas e medianas empresas na contratación pública, con todas as garantías legais de integridade e transparencia públicas, así como o impulso dun modelo de contratación pública que contribúa ao crecemento sustentábel e que integre unha perspectiva social e ambiental nos criterios de adxudicación, baseado tamén na equidade e na xustiza sociais, e tendente a fixar investimento produtivo estábel pensado para unha economía de pequena escala, como son as PEMES.”
Texto literal del programa oficial · pág. 42 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“O Estado debe facilitar todos os medios económicos e normativos para que a Xunta de Galiza conte cos recursos necesarios para acometer un Plan de Industrialización que inclúa, entre os seus obxectivos, o reequilibrio territorial, e que atenda prioritariamente as comarcas en crise industrial, como son a de Ferrol e a de Vigo.”
Texto literal del programa oficial · pág. 46 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“A oposición á deslocalización e ao fechamento da actividade industrial, o estabelecemento da obriga de devolver as axudas públicas, as subvencións ou as bonificacións por aquelas empresas que deslocalizaron a súa produción.”
Texto literal del programa oficial · pág. 46 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Promoción e fortalecemento da construción naval en Galiza, tanto no ámbito privado como no público, mediante a modernización tecnolóxica e a renovación dos cadros de persoal, co obxectivo de situar os estaleiros galegos como referentes no ámbito mundial, atendendo, nomeadamente, á recuperación da actividade nos estaleiros de Vigo e de Ferrol.”
Texto literal del programa oficial · pág. 46 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Converter NAVANTIA-Ferrol nun complexo industrial integral con diversificación da súa actividade, que incorpore a construción naval civil, así como implantar un plan de investimentos para a renovación de infraestruturas e incorporar a Xunta de Galiza ao consello de administración de NAVANTIA como teñen en conta o propio Estatuto de Autonomía de Galiza e o artigo 4.1 da Lei de Fomento do Sector Naval de Galiza.”
Texto literal del programa oficial · pág. 46 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Exixir o cumprimento dos compromisos e a continuidade da actividade e do emprego de ALCOA-San Cibrao, prevendo mesmo a intervención pública da factoría.”
Texto literal del programa oficial · pág. 46 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Transferir á Xunta de Galiza a titularidade de todas as participacións do Estado en empresas radicadas ou con centros de traballo no noso País, de cara a súa incorporación nunha Corporación Industrial Pública Galega, cos correspondentes fondos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 46 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Estabelecer un marco de co-decisión e xestión descentralizada de todos os proxectos, programas, plans e instrumentos de financiamento en materia de política industrial e produtiva, para garantir a participación efectiva de Galiza no seu deseño e desenvolvemento no noso País.”
Texto literal del programa oficial · pág. 46 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Minerais críticos e transformación industrial. Promover normativa para que os proxectos de minería estratéxica de transición dixital (como o litio ou o cobre) estean condicionados por lei á súa transformación industrial e á creación de valor tecnolóxico en Galiza.”
Texto literal del programa oficial · pág. 82 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Retorno industrial e valor engadido. Orientar todas as novas redes e infraestruturas atlánticas cara á creación de actividade industrial real, o fortalecemento da investigación pública e a innovación, asegurando que a nosa xeografía se traduza en capacidade efectiva de decisión.”
Texto literal del programa oficial · pág. 83 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
Impuestos
“Eliminar as deducións no IRPF para propietarios que aluguen por riba do prezo de referencia.”
Texto literal del programa oficial · pág. 13 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Aplicar recargos no Imposto de Sociedades a fondos e SOCIMIs que incumpran a función social da vivenda.”
Texto literal del programa oficial · pág. 13 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Estabelecer medidas fiscais proporcionadas para mobilizar vivendas baleiras, combater os usos especulativos e favorecer o alugueiro habitual a prezos accesíbeis.”
Texto literal del programa oficial · pág. 13 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Permitir a creación de novos impostos ou taxas a nivel municipal destinadas a gravar as vivendas baleiras.”
Texto literal del programa oficial · pág. 14 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Evitar a discriminación fiscal das persoas emigradas retornadas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 19 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“En primeiro lugar, a respecto do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), consideramos preciso: Incrementar a súa progresividade: que pague máis quen máis renda obtén. Axustar os tramos estatais do IRPF en función do incremento anual do Índice de Prezos de Consumo en Galiza. Estabelecer distintos tipos de gravame en función da natureza dos rendementos, minorando a tributación polos ingresos do traballo e aumentando a correspondente aos derivados do capital. Realizar deducións inversamente proporcionais aos tipos de gravame. Modificar a normativa reguladora, elevando os limites para exceptuar de gravame e non computar entre os ingresos procedentes do traballo persoal, as cantidades destinadas pola empresa a compensar os gastos por locomoción retribuídos a traballadores e traballadoras que utilicen medios de transporte privado, de 0,26€ por km a 0,40€ por km percorrido mais os gastos de portaxes e aparcadoiro que se xustifiquen, para así evitar que tributen polo exceso derivado do aumento dos prezos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 43 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Deber de tributación en Galiza de todas as empresas que exercen a súa actividade no noso país e sitúan o seu domicilio social noutras partes do Estado.”
Texto literal del programa oficial · pág. 43 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Estabelecer a súa progresividade en función da dimensión da empresa. Aplicar deducións inversamente proporcionais aos tipos de gravame soportados. Aplicar un incremento da porcentaxe de redución da base impoñíbel do IS do 10 % ao 25 %, pola denominada reserva de capitalización ás entidades de reducida dimensión ou PEMES, premiando a non-distribución dos beneficios, para que as empresas se capitalicen cos seus propios beneficios en lugar de recorreren ao financiamento externo, reducindo a súa débeda.”
Texto literal del programa oficial · pág. 44 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Estabelecer deducións adicionais para empresas cuxa actividade complemente ciclos produtivos inseridos nos sectores estratéxicos galegos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 44 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reducir a imposición do IVE de bens e servizos esenciais, así como os bens de carácter cultural, para que tributen no tramo superreducido.”
Texto literal del programa oficial · pág. 44 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Estabelecer a rebaixa permanente do IVE de produtos de alimentación básica, produtos do mar, elementos de hixiene persoal e feminina, transporte público de pasaxeiros, investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovábeis no ámbito doméstico e nas pequenas e medianas empresas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 44 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Rebaixar de novo o IVE aplicado á electricidade, gas, biomasa para quecemento e madeira para leña, e do resto de subministracións básicas ao 5% e estabelecer a súa permanencia.”
Texto literal del programa oficial · pág. 44 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Estabelecer a permanencia incondicionada da redución da taxa impositiva do Imposto Especial sobre a Electricidade (IEE) do 5,1 % ao 0,5 %.”
Texto literal del programa oficial · pág. 44 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Blindar a permanencia dos impostos específicos aos beneficios da banca, das grandes enerxéticas e ás grandes fortunas, reducir os límites de exención, aumentar a súa progresividade e traspasar a súa xestión á Galiza.”
Texto literal del programa oficial · pág. 44 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Promover a eficacia das actuacións de prevención e loita contra a fraude e a evasión fiscal con dotación de medios e recursos suficientes, para conseguir una maior equidade e xustiza social na repartición das cargas tributarias.”
Texto literal del programa oficial · pág. 45 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Prohibir a contratación e a recepción de axudas públicas ás empresas que posúen, directa ou indirectamente, sociedades domiciliadas en paraísos fiscais sen actividade económica real xustificativa.”
Texto literal del programa oficial · pág. 45 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Estabelecer un sistema de fiscalidade ambiental nos ámbitos da enerxía, o transporte, a contaminación e os recursos naturais, cuxa finalidade, máis que recadatoria, sexa a modificación de condutas que inciden negativamente sobre o medio.”
Texto literal del programa oficial · pág. 45 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“A redución do IVE aos produtos pesqueiros.”
Texto literal del programa oficial · pág. 49 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Promover un sistema fiscal máis sinxelo, transparente e adaptado á capacidade económica real das persoas autónomas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 51 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Fiscalidade do capitalismo de vixilancia. Promover no marco estatal e europeo a tributación do negocio baseado na extracción masiva de datos, gravando esta actividade segundo o volume real de persoas usuarias en cada territorio.”
Texto literal del programa oficial · pág. 81 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Retorno fiscal ás comunidades. Reclamar que a recadación derivada destes impostos tecnolóxicos se transfira ás comunidades para financiar infraestruturas dixitais públicas, servizos de interese xeral e espazos de datos en man común.”
Texto literal del programa oficial · pág. 81 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Tributación efectiva contra a elusión. Defender medidas estritas contra a enxeñaría fiscal e a concentración de beneficios das grandes plataformas, obrigándoas a contribuír de forma xusta aos servizos públicos dos territorios onde operan.”
Texto literal del programa oficial · pág. 81 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Participación, canon e retorno territorial. Estabelecer plans industriais vinculantes e un canon específico por capacidade instalada que vaia destinado integramente a financiar a transición dixital e o desenvolvemento local das comunidades afectadas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 82 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
Sanidad
“Impulsar programas de investigación específicos sobre a saúde da muller superadores dos nesgos patriarcais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 28 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar medidas de garantía de abastecemento de medicación esencial para o tratamento das mulleres, como no ámbito da menopausa, para evitar novas crises na súa cobertura.”
Texto literal del programa oficial · pág. 28 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“A concienciación e formación das e dos profesionais da sanidade a respecto das necesidades específicas de saúde sexual e reprodutiva das persoas LGBTI.”
Texto literal del programa oficial · pág. 29 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Aumentar o financiamento da sanidade pública, até como mínimo a media de investimento por habitante da UE, co incremento do valor dos parámetros de dispersión e envellecemento da poboación, asegurando maior racionalidade no gasto farmacéutico e garantindo a participación galega na fixación do prezo dos medicamentos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 37 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir o carácter público da sanidade e reducir as súas posibilidades de privatización, mediante unha modificación da Lei 15/97, sobre habilitación de novas formas de xestión do Sistema de Saúde, que asegure que a titularidade, o financiamento, a xestión e a provisión de servizos sanitarios se fará con entidades exclusivamente públicas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 37 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir o dereito á asistencia sanitaria con carácter universal, cunha nova Lei de universalización, sen aberturas interpretativas que ampararen a exclusión, orientada no fondo e na forma á cobertura sanitaria pública, con garantías, e de calidade para todas as persoas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 37 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Modificar o marco legal actual que regula a participación económica das usuarias/os da sanidade pública no financiamento da prestación farmacéutica para pór fin ao modelo actual de copagamentos e repagamentos que se revela como un imposto á enfermidade.”
Texto literal del programa oficial · pág. 38 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Estabelecer un marco legal, respectando as competencias dos servizos de saúde, para determinar os criterios, indicadores e requisitos mínimos, básicos e transparentes, en materia de información sobre as listas de agarda de consultas externas, probas diagnósticas/terapéuticas e intervencións cirúrxicas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 38 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Eliminar a taxa de reposición de persoal como norma básica de obrigado cumprimento en todo o Estado, xa que vulnera as competencias de Galiza en materia de persoal en ámbitos que ten transferidos, como é sanidade.”
Texto literal del programa oficial · pág. 38 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Dotarnos de capacidade normativa e financeira para asegurarmos a capacidade docente e investigadora do sistema educativo e sanitario en saúde, con coordinación entre as universidades e o SERGAS, así como con estabilización do persoal investigador.”
Texto literal del programa oficial · pág. 38 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar un marco legal que fomente a permanencia, durante como mínimo a mesma duración do período de formación especializada, das e dos profesionais no sistema sanitario público, garantindo que os vínculos sexan estábeis e con condicións laborais dignas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 38 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Levar a cabo as medidas normativas necesarias para garantir coa maior urxencia o dereito do persoal estatutario dos servizos de saúde á xubilación anticipada e parcial, atendendo á realidade específica do persoal estatutario e funcionario dos servizos de saúde, así como tomando en consideración as súas singularidades.”
Texto literal del programa oficial · pág. 38 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Modificar a LOPS para adecuala á normativa actual do espazo europeo de formación e para incorporar como profesións sanitarias outras non contempladas actualmente como a que realizan as profesionais da Bioloxía no ámbito da investigación biosanitaria e asistencial.”
Texto literal del programa oficial · pág. 38 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Actualizar as clasificacións das profesionais da sanidade pública para adaptalas aos criterios formativos, ás funcións e ás responsabilidades actuais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 39 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Crear un novo Estatuto Marco para o conxunto das/os profesionais da sanidade pública, que non signifique recentralización de competencias xa transferidas a Galiza. Reforzar os dereitos das traballadoras e traballadores da sanidade pública, o exercicio das súas competencias coas remuneracións acordes ás mesmas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 39 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Recuperar as retribucións íntegras das pagas extraordinarias íntegras para o persoal Estatutario.”
Texto literal del programa oficial · pág. 39 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar de maneira decidida a investigación das denominadas enfermidades raras, garantindo o seu financiamento público de forma adecuada.”
Texto literal del programa oficial · pág. 39 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Estabelecer as liñas prioritarias de investigación en saúde da muller, con financiamento suficiente, para avanzar no coñecemento das doenzas que lle afectan, revisar os padróns de síntomas e a evolución das enfermidades, así como:”
Texto literal del programa oficial · pág. 39 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Estabelecer indicadores de xénero nos protocolos de autorización e validación de ensaios clínicos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 39 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir representación equitativa de mulleres e de homes nos ensaios clínicos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 39 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar estudos para coñecer a actuación dos tratamentos en canto a eficacia e seguridade.”
Texto literal del programa oficial · pág. 39 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Transferir todo o coñecemento xerado á sociedade, á formación e ás e aos profesionais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 39 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Traspasar as competencias en materia de saúde penal á Xunta de Galiza para ser asumida polo Servizo Galego de Saúde, de conformidade co estabelecido na DA 6.ª da Lei de Cohesión do Sistema Nacional de Saúde 16/2003 de 28 de maio, de xeito que a atención a este colectivo se realice na rede sanitaria pública galega. Esta transferencia debe estar acompañada dos medios humanos, económicos, e materiais necesarios, atendendo á suficiencia dinámica para a prestación do correspondente servizo, así como da compensación da débeda contraída polo Ministerio de Interior co SERGAS.”
Texto literal del programa oficial · pág. 39 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Elaborar o currículo profesional do persoal TCAE, acorde coa actividade laboral que desempeña, e outorgarlle o nivel 3 que lle corresponde de clasificación profesional, así como derrogar a disposición transitoria 3.ª do EBEP, aplicando o seu artigo 76.”
Texto literal del programa oficial · pág. 40 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulso dun plan de prevención e actuación para a saúde mental dirixido á mocidade, destinando recursos económicos e materiais suficientes para o seu tratamento.”
Texto literal del programa oficial · pág. 86 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Elaboración de plans de prevención e de choque para combater a ludomanía, así como a eliminación dos anuncios e das promocións do xogo en calquera ámbito (recreativo ou deportivo).”
Texto literal del programa oficial · pág. 86 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
Educación
“Axilizar a homologación e o recoñecemento de titulacións obtidas no estranxeiro e estabelecer sistemas de acreditación de competencias profesionais. Tamén para a poboación emigrante retornada.”
Texto literal del programa oficial · pág. 22 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“A inclusión de contidos transversais e específicos no ensino obrigatorio e universitario, co fin de garantir a formación de profesorado e alumnado.”
Texto literal del programa oficial · pág. 29 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Superar o actual marco lexislativo, recollido nos artigos 3 e 27 da Constitución. Dotármonos do poder político necesario para podermos decidir sobre a ordenación e sobre a planificación dun sistema educativo galego, inserido na nosa realidade social, económica, cultural e lingüística, en función das nosas necesidades e carencias e ao servizo da transformación e do desenvolvemento de Galiza.”
Texto literal del programa oficial · pág. 34 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Estabelecer un marco educativo novo que supere as limitacións competenciais aplicadas por unha visión unitaria do Estado e do sistema educativo, tanto no ensino non-universitario (LOMLOE, LOFP) como no universitario (LOSU) e que, por tanto, parta da configuración plurinacional e plurilingüe do Estado; que Galiza poida organizar e ordenar o sistema educativo mediante unha Lei galega de educación que regule o noso sistema educativo até o Bacharelato, unha Lei galega de formación profesional, unha Lei de ensinanzas artísticas superiores que permita que os centros que imparten estas ensinanzas poidan adscribirse á universidade e unha Lei do Sistema Universitario Galego.”
Texto literal del programa oficial · pág. 34 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Promover un modelo educativo fundamentado no dereito universal á educación para os galegos e galegas de 0 a 18 anos e obrigatoria de 3 a 18 anos, sustentado nunha única rede de ensino, a pública, con servizos complementarios, con libros de texto, material escolar e actividades extraescolares gratuítas. Un ensino público, galego, laico, coeducativo, gratuíto e democrático.”
Texto literal del programa oficial · pág. 34 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Transferir ao Goberno galego todas as competencias pendentes, garantindo a plena capacidade para deseñar e desenvolver un modelo educativo propio.”
Texto literal del programa oficial · pág. 34 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir a plena e exclusiva competencia en xestión do persoal docente: regular os corpos e especialidades docentes, fixar o sistema de acceso á función pública docente, con plena autonomía para suprimir as taxas de reposición de efectivos nas ofertas de emprego público e así poder dotar o ensino público do profesorado que precise; regular a competencia e composición de todos os órganos colexiados e da elección democrática das direccións por e entre quen integra os propios centros, eliminando a libre designación nos Centros Integrados de FP.”
Texto literal del programa oficial · pág. 35 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Defender inequivocamente o ensino público. Regular a admisión do alumnado nos centros educativos para estabelecer, mentres non se suprimiren, os concertos educativos. Por conseguinte, sermos especialmente vixilantes co cumprimento efectivo da eliminación dos concertos educativos dos centros que segregan alumnado por razón de xénero, controlando que o modelo de segregación desapareza dos centros que reciben fondos públicos e aplicando medidas sancionadoras no caso do incumprimento da lei. No camiño da supresión dos concertos en todos os niveis educativos, eliminación destes no ensino non-obrigatorio e control do financiamento alleo aos concertos nos centros sostidos con fondos públicos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 35 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Promover un ensino laico. A materia de Relixión non formará parte do currículo escolar, xa que é incuestionábel que a difusión da fe relixiosa corresponde ao ámbito privado e familiar. Neste sentido, será denunciado e renegociado o concordato coa Santa Sé e os acordos coas demais confesións relixiosas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 35 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Dotar o sistema educativo de maiores niveis de calidade, apostando polo crecemento dos orzamentos destinados á educación até lle dedicar, como mínimo, 7% do PIB.”
Texto literal del programa oficial · pág. 35 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Defender unha reforma da Lei orgánica do Sistema Universitario (LOSU) que defina claramente o modelo de universidade pública e permita exercer todas as competencias no ámbito galego mediante unha lei propia que evite a privatización do SUG e que permita a plena competencia para regular os plans de estudo das ensinanzas universitarias, actualmente limitadas polo RD 43/2015.”
Texto literal del programa oficial · pág. 35 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Regular a avaliación propia do persoal docente e investigador a través dunha ACSUG reforzada e coordinada co resto de axencias autonómicas e coa ANECA, regular a ordenación dos corpos docentes universitarios e do persoal docente e investigador laboral, desde as figuras de acceso ás permanentes, eliminando a precariedade e regulando unha carreira profesional, investigadora e académica nas universidades públicas galegas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 36 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Incrementar o financiamento das universidade públicas, tomando como referencia o 1,5% do PIB, para evitar que continúen co camiño de privatización encuberta, e favorecer a participación dos proxectos de investigación universitaria nos programas de I+D+I.”
Texto literal del programa oficial · pág. 36 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Transferir a Galiza as competencias e medios materiais da Universidade a Distancia (UNED), da Universidade Internacional Menéndez Pelayo e das entidades dependentes do Centro Superior de Investigacións Científicas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 36 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Transferir a competencia da xestión e da concesión de bolsas e axudas ao estudo universitario, superando o actual modelo de repartimento e garantindo o acceso universal á ensinanza superior.”
Texto literal del programa oficial · pág. 36 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Mellorar a acción protectora do seguro escolar e transferilo á Xunta de Galiza.”
Texto literal del programa oficial · pág. 36 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Programas específicos para garantir o relevo xeracional evitando o envellecemento do cadro de persoal.”
Texto literal del programa oficial · pág. 36 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar os convenios para o ensino do galego como segundo idioma na educación secundaria e nas Escolas Oficiais de Idiomas noutros territorios do Estado.”
Texto literal del programa oficial · pág. 71 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“De forma especial, garantir a sinatura de convenios para ensino do galego en toda a etapa educativa nos territorios galegofalantes de comunidades limítrofes.”
Texto literal del programa oficial · pág. 71 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir o dereito a estudar e realizar os exames da UNED en galego.”
Texto literal del programa oficial · pág. 73 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Incluír o galego como materia optativa na rede de centros da Acción Educativa Exterior.”
Texto literal del programa oficial · pág. 73 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir unha oferta regular e non puntual de cursos de galego (presenciais e en liña) en centros estratéxicos e por faixas horarias accesíbeis.”
Texto literal del programa oficial · pág. 73 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar módulos formativos sobre a diversidade de linguas do Estado español.”
Texto literal del programa oficial · pág. 73 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reverter os aspectos lesivos mantidos ou introducidos pola nova lexislación en materia de ensino na LOMLOE, LOSU e Lei de FP.”
Texto literal del programa oficial · pág. 85 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Elaboración dun protocolo estatal para a prevención, detección e tratamento do acoso escolar e o ciberacoso.”
Texto literal del programa oficial · pág. 86 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
Pensiones
“Transferencia das competencias en materia de Seguranza Social e pensións, co obxectivo de garantir un sistema sanitario e de atención social ben financiado e unhas pensións dignas para as persoas xubiladas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 9 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Derrogación das reformas das pensións aprobadas en 2011, 2013, 2021 e 2023.”
Texto literal del programa oficial · pág. 18 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Incremento das pensións mínimas até situalas como mínimo na mesma contía que o Salario Mínimo Interprofesional (60 % do salario medio, conforme ás cifras do EUROSTAT).”
Texto literal del programa oficial · pág. 18 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Revalorización anual das pensións conforme ao IPC real.”
Texto literal del programa oficial · pág. 18 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Recuperación da xubilación ordinaria aos 65 anos e a parcial aos 61 anos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 19 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Recoñecer a xubilación voluntaria sen penalización, a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións.”
Texto literal del programa oficial · pág. 19 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Eliminación das penalizacións por acceso anticipado á xubilación.”
Texto literal del programa oficial · pág. 19 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantía de sostemento do sistema público de pensións a través da supresión do veto ao financiamento público, con cargo aos orzamentos e aos impostos que gravan a riqueza, eliminando o tope máximo ás bases de cotización, así como a revisión e redución das bonificacións e descontos nas cotizacións empresariais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 19 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Eliminación do Mecanismo de Equidade Interxeracional (MEI) e de calquera mecanismo de axuste semellante ao estilo do “factor de sustentabilidade", incluíndo tamén a supresión das competencias outorgadas á AIReF en relación á supervisión do sistema público de pensións.”
Texto literal del programa oficial · pág. 19 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Derrogación das normas que fomentan os plans de pensións privados de emprego nos convenios colectivos e calquera forma de privatización ou xestión financeira privada das pensións públicas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 19 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Mudanza do período de cálculo da base reguladora, que deberá realizarse a partir dun período de 10 anos escollidos pola persoa beneficiaria.”
Texto literal del programa oficial · pág. 19 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Fixación de coeficientes redutores da idade de xubilación para as traballadoras e traballadores nas profesións de maior penosidade, perigosidade e insalubridade.”
Texto literal del programa oficial · pág. 19 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Mellora a protección de seguridade social das persoas que traballan no sector marisqueiro na liña do aprobado por unanimidade no Consello Galego de Pesca no que ten que ver co cesamento de actividade, alén de ampliar os actuais coeficientes redutores da idade de xubilación.”
Texto literal del programa oficial · pág. 19 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Elevación das pensións non contributivas até o 75 % do limiar de pobreza dun fogar unipersoal, inmediatamente e sen agardar o prazo de 2027 estabelecido na reforma de 2023, actualizando anualmente a súa contía conforme ao IPC real.”
Texto literal del programa oficial · pág. 19 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Incremento da progresividade do novo sistema de cotización das traballadoras e traballadores autónomos en función dos seus ingresos reais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 20 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Modulación do sistema de cotización de acordo a un modelo de solidariedade e progresividade salarial.”
Texto literal del programa oficial · pág. 20 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Ampliación da cotización completa, ao 100%, nas reducións de xornada por coidados e ampliar, alén dos 3 anos, as excedencias por coidados computadas como cotizadas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 20 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Equiparación do persoal fixo-descontinuo a tempo completo para efectos de cotización e prestacións.”
Texto literal del programa oficial · pág. 20 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Cotización plena do alumnado en prácticas, sen bonificacións ás empresas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 20 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Prohibición da xestión das continxencias comúns e profesionais polas mutuas, debendo pasar a unha xestión integramente pública. Derrogar as normas aprobadas polo Ministerio de Seguridade Social e do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) que promoven a celebración de convenios de colaboración a subscribir entre as Consellarías de Sanidade das Comunidades Autónomas, as Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social, a Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social e o INSS para fomentar a atención polas Mutuas dos procesos de IT derivados das patoloxías músculo-esqueléticas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 20 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Revisión dos criterios para as incapacidades permanentes facendo prevalecer a mellor atención das limitacións derivadas da situación clínica, das patoloxías e afectacións.”
Texto literal del programa oficial · pág. 20 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
Medioambiente
“Transferencia das competencias en materia de costas e do dominio público marítimo-terrestre, tanto as normativas en materia de protección do litoral como aquelas de intervención e xestión (autorizacións de instalacións na costa galega).”
Texto literal del programa oficial · pág. 9 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“O Estado debe asumir que Galiza precisa unha política forestal diferente, coherente co interese xeral e coa loita contra a crise climática. A expansión descontrolada do eucalipto, amparada por unha pseudomoratoria chea de excepcións, agravou o abandono do monte, incrementou os riscos de incendio e empobreceu a base produtiva do medio rural.”
Texto literal del programa oficial · pág. 49 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Estudo para a modificación da depuración de augas residuais de Galiza a un sistema separativo, por terse demostrado a ineficacia para o noso pais do sistema unitario agora instalado, e poder desenvolver o saneamento integral real e a rexeneración ambiental e produtiva das rías galegas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 50 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“No mesmo sentido, cómpre someter a revisión aqueles xa aprobados para paralizar os máis lesivos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 55 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Comprometer o mantemento da prohibición da fractura hidráulica (fracking) e doutras técnicas semellantes polo seu perigo para o medio e para a saúde.”
Texto literal del programa oficial · pág. 56 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Condicionar o outorgamento de novos dereitos mineiros á existencia dunha planificación sectorial previa, sometida a avaliación ambiental estratéxica e coordinada coa ordenación territorial, ambiental e económica.”
Texto literal del programa oficial · pág. 58 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Delimitar zonas incompatíbeis coa actividade mineira, atendendo á protección dos espazos naturais, do patrimonio cultural, dos recursos hídricos, das captacións de abastecemento e dos solos agrarios, gandeiros e forestais de especial valor.”
Texto literal del programa oficial · pág. 58 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Incorporar o principio de precaución e a prevalencia da protección da auga, da saúde e das actividades económicas asentadas no territorio como criterios vinculantes para autorizar ou denegar dereitos mineiros.”
Texto literal del programa oficial · pág. 58 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Eliminar a prioridade automática do titular dun permiso de investigación para obter posteriormente a concesión de explotación, sometendo esta última a unha avaliación independente do interese público e, cando corresponda, a concorrencia competitiva.”
Texto literal del programa oficial · pág. 58 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impedir a especulación cos dereitos mineiros, esixindo autorización administrativa para a súa transmisión, acreditación do titular real, solvencia técnica e financeira e caducidade efectiva ante a inactividade ou o incumprimento das condicións.”
Texto literal del programa oficial · pág. 58 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reducir a duración das concesións e eliminar as prórrogas automáticas, estabelecendo revisións periódicas do cumprimento ambiental, social, laboral e industrial como requisito para manter o dereito mineiro.”
Texto literal del programa oficial · pág. 58 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir a máxima transparencia, mediante un rexistro público e accesíbel dos dereitos mineiros, titulares reais, transmisións, proxectos, estudos xeolóxicos, autorizacións, sancións, garantías financeiras e plans de restauración.”
Texto literal del programa oficial · pág. 58 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Someter tamén os permisos de investigación con intervención física no territorio a avaliación ambiental, incluíndo sondaxes, gabias, accesos, captacións de auga e efectos acumulativos con outros proxectos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 59 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Restrinxir as explotacións mineiras a ceo aberto e prohibir as tecnoloxías que empreguen cianuro ou outras substancias de especial perigo para a saúde e o ambiente.”
Texto literal del programa oficial · pág. 59 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Priorizar a redución da demanda, a reciclaxe, a reutilización e a minaría urbana fronte á apertura de novas explotacións, particularmente no ámbito das materias primas críticas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 59 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reforzar a responsabilidade ambiental do operador, mediante garantías financeiras suficientes, responsabilidade durante toda a vida da explotación e obriga de restaurar integralmente os terreos e as augas afectadas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 59 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Crear un Fondo de Restauración Ambiental e Paisaxística, financiado principalmente mediante taxas, avais e achegas obrigatorias das empresas mineiras, para recuperar minas e canteiras abandonadas sen trasladar os custos ao erario público.”
Texto literal del programa oficial · pág. 59 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reformar coordinadamente o réxime de residuos mineiros, especialmente o Real decreto 975/2009, endurecendo as condicións aplicábeis ás balsas, entulleiras, augas contaminadas, peche das explotacións e vixilancia posterior.”
Texto literal del programa oficial · pág. 59 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impedir que a declaración dun proxecto como estratéxico rebaixe as garantías ambientais ou de participación pública, deixando claro que esa cualificación non crea por si soa unha presunción prevalente de utilidade pública.”
Texto literal del programa oficial · pág. 59 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Recoñecer capacidade de veto ou informe vinculante ás administracións territoriais afectadas cando o proxecto comprometa o abastecemento de auga, espazos protexidos, actividades económicas estratéxicas ou valores patrimoniais incompatíbeis coa explotación.”
Texto literal del programa oficial · pág. 59 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Como criterios xerais, defenderemos a aplicación rigorosa do principio de precaución en todas aquelas actuacións que poidan xerar danos no medio e perdas de biodiversidade, a prevención contra o cambio climático, a xestión circular e de proximidade, a corresponsabilidade e a obriga de internalizar os custos ambientais nas actividades contaminantes.”
Texto literal del programa oficial · pág. 66 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“O traspaso a Galiza de todas as competencias en materia de ambiente; nomeadamente as seguintes: Costas, Salvamento Marítimo e loita contra a contaminación, servizos de meteoroloxía, centros de investigación, portos de interese xeral e bacías hidrográficas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 66 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“A reforma de normas que invaden competencias de noso como son a Lei de costas, a Lei de cambio climático, a Lei de avaliación ambiental, Lei de patrimonio natural e a Lei de parques nacionais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 66 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“En materia de tramitación ambiental de plans e proxectos, traballaremos para garantir a participación social, a información pública e o procedemento de avaliación ambiental, nomeadamente na tramitación de proxectos industriais de implantación de enerxías renovábeis e nos proxectos de explotación de recursos minerais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 66 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir a aplicación dos acordos internacionais, o Convenio sobre Diversidade Biolóxica e os acordos da COP 15, Marco Mundial de Biodiversidade Kunming-Montreal, adoptado en 2022 para deter e reverter a perda de biodiversidade para 2030, que se concretan nas seguintes metas logo da revisión levada a cabo na COP 17 (2026)”
Texto literal del programa oficial · pág. 67 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Conservar polo menos o 30% das zonas terrestres, mariñas e costeiras.”
Texto literal del programa oficial · pág. 67 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Restaurar polo menos o 20% dos ecosistemas degradados.”
Texto literal del programa oficial · pág. 67 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reducir á metade a introdución de especies exóticas invasoras.”
Texto literal del programa oficial · pág. 67 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reducir á metade a perda de nutrientes e en dous terzos os produtos químicos e praguicidas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 67 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Transferir a Galiza dos recursos financeiros destinados á protección da biodiversidade, especies ameazadas, espazos naturais e rexeneración de espazos degradados.”
Texto literal del programa oficial · pág. 67 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Desenvolver plans de protección e preservación das especies mariñas protexidas, procurando a súa compatibilidade coas actividades económicas e sociais tradicionais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 67 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Limitar e controlar estritamente a importación de especies foráneas, sementes de moluscos etc., para a repoboación, e potenciación dos ciclos pechados para a produción de especies autóctonas e a repoboación como método de recuperación de recursos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 67 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Poñer en marcha de xeito efectivo dunha rede de alerta temperá ante especies invasoras.”
Texto literal del programa oficial · pág. 67 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Desenvolver labores de seguimento para as capturas accidentais das especies mariñas ameazadas, así como medidas paliativas, en consonancia coa lexislación vixente e coas directivas europeas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 67 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Revisión do deslinde do DPMT para o recoñecemento dos asentamentos urbanos tradicionais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 68 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Recoñecer a titularidade do monte comunal dentro da zona de dominio público marítimo terrestre e do deslinde de costas, sometida, en todo caso, aos límites de uso e autorizacións que correspondan ás súas características específicas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 68 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Poñer en marcha de medidas estabelecidas na Estratexia do Medio Mariño, co fin de avanzar na recuperación do estado do medio, así como da conservación das especies e dos recursos naturais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 68 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar o saneamento integral real a través de redes separativas e enerxeticamente eficientes de saneamento e da rexeneración das rías galegas, transferindo a Galiza os recursos necesarios, así como a capacidade para a planificación, deseño, aprobación e a execución das infraestruturas hidráulicas que actualmente ten atribuídas o Goberno central.”
Texto literal del programa oficial · pág. 68 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Crear unha rede equipada de bases de loita contra a contaminación do medio mariño ao longo de todo o corredor marítimo fronte á costa galega.”
Texto literal del programa oficial · pág. 68 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Revisar e derrogar a prórroga concedida a ENCE na ría de Pontevedra por contravir a normativa de Costas, a directiva europea de servizos e o Plan de Ordenación do Litoral (POL), e impulso da rexeneración da ría de Pontevedra e do dominio público marítimo terrestre. Recuperar e rexenerar os terreos en dominio público marítimo terrestre ocupados pola Xunta e o Estado no ENIL da Xunqueira do Alba (Pontevedra).”
Texto literal del programa oficial · pág. 68 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Demandar un programa permanente de inspección e seguimento do estado e seguridade do vertedoiro de 140.000 toneladas de residuos nucleares na Foxa Atlántica, a 600 km da costa galega.”
Texto literal del programa oficial · pág. 68 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Recoñecer xuridicamente a propiedade comunal do monte, mediante a modificación do Código Civil, co obxectivo de que se recoñeza de maneira expresa a propiedade de carácter colectivo ou comunitario como unha realidade xurídica diferente da titularidade pública e da privada.”
Texto literal del programa oficial · pág. 68 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Aprobar medidas fiscais que incentiven o uso e aproveitamento multifuncional do monte por parte de agrupacións de propietarios particulares e comunidades de montes.”
Texto literal del programa oficial · pág. 69 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Considerar as diferentes variedades de eucalipto como especie exótica invasora e inclusión no correspondente catálogo, coa conseguinte limitación do seu cultivo para garantir a protección do solo e das reservas de auga, a conservación da biodiversidade e a protección fronte aos incendios forestais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 69 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Aprobar medidas encamiñadas a frear a acaparación de terras, nomeadamente de terreos de monte, para a implantación de macroproxectos forestais, enerxéticos e mineiros de carácter extractivo e depredador.”
Texto literal del programa oficial · pág. 69 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar políticas de redución, recuperación e reciclaxe de residuos e priorización da compostaxe dos biorresiduos (primando os tratamentos de proximidade) coa correspondente transferencia de recursos ás entidades locais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 69 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar a implantación do sistema de depósito, devolución e retorno (SDDR) para os envases, superando os atrancos e o boicot por parte de entidades de xestión.”
Texto literal del programa oficial · pág. 69 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Desenvolver plans de recuperación de solos contaminados.”
Texto literal del programa oficial · pág. 69 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Vixiar exhaustivamente e estabelecer sancións a toda empresa que utilice residuos en novos produtos, nomeadamente asfálticos, que non conten con garantías ambientais, que non se sometan a procesos regulados de inertización.”
Texto literal del programa oficial · pág. 69 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Aplicar medidas de medidas de redución do tránsito motorizado e de fomento da mobilidade amábel (modelo Pontevedra) fronte a restricións relacionadas co tipo e coa antigüidade dos vehículos, que xeran discriminacións de acceso por nivel de renda.”
Texto literal del programa oficial · pág. 70 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Artellar medidas económicas que permitan aos concellos dar cumprimento á Orde ministerial do 7 de Decembro de 2001, pola que se modifica o anexo I do Real Decreto 1406/1989, de 10 de Novembro, sobre limitacións e comercialización de certas sustancias perigosas, nomeadamente o abesto.”
Texto literal del programa oficial · pág. 70 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reformar a normativa básica que regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición (Real Decreto 105/2008), e a que regula a xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (Real Decreto 975/2009) para evitar a utilización de inertes mesturados e outros materiais potencialmente contaminantes na “restauración” de canteiras, que na práctica se converten en enormes vertedoiros encubertos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 70 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reforma da Lei de Telecomunicacións e do Sector Eléctrico. Impulsar cambios normativos estatais para estabelecer límites estritos e vinculantes á implantación de macrocentros de datos privados, garantindo a súa compatibilidade coas necesidades do territorio.”
Texto literal del programa oficial · pág. 81 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Auditorías hídricas e ambientais. Condicionar calquera proxecto tecnolóxico a unha avaliación rigorosa que garanta que o seu consumo de auga non sature os acuíferos nin prexudique o abastecemento da poboación e dos ecosistemas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 82 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Fin dos enclaves extractivos dixitais. Opoñerse ao sovereignty washing de multinacionais que usan os recursos galegos sen xerar valor engadido real. Baixo estes criterios de control e sustentabilidade examinaranse proxectos como o centro de datos de Curtis vinculado a Microsoft.”
Texto literal del programa oficial · pág. 82 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Cohesión contra os custos ambientais. Impor criterios de proximidade enerxética e compatibilidade ambiental para evitar un modelo asimétrico onde os custos ecolóxicos queden en Galiza mentres os beneficios económicos fuxen fóra.”
Texto literal del programa oficial · pág. 82 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
Energía
“Estabelecer con carácter urxente un prezo máximo legal para a gasolina e o diésel —tomando como referencia o prezo medio das gasolineiras o 24 de febreiro de 2022— que se manterá vixente ata a estabilización dos prezos e a aprobación dunha solución fiscal xusta.”
Texto literal del programa oficial · pág. 21 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“A necesidade de que Galiza fique libre de eólica mariña que en calquera caso debera estar sempre fora da plataforma continental da costa galega e da minaría submarina, nomeadamente nas Áreas Mariñas Protexidas e nas Áreas Mariñas de Importancia Ecolóxica ou Biolóxica, incluíndo o Banco de Galiza fronte ás costas galegas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 50 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar unha tarifa eléctrica galega que considere, a través de redución nas peaxes do transporte, o papel de Galiza de nación excedentaria na produción eléctrica, compensando o impacto ambiental e social derivado da súa produción.”
Texto literal del programa oficial · pág. 54 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Modificar a estrutura do sistema eléctrico, reformando a configuración da factura enerxética para pór fin á especulación das grandes eléctricas e garantindo que a súa retribución se estipule con base aos custos recoñecidos de produción.”
Texto literal del programa oficial · pág. 54 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Transferir as competencias en materia enerxética (planificación, ordenación, redes de transporte e distribución, xestión oferta/demanda, impulso modelo descentralizado e de proximidade) e alcanzar o compromiso do Estado para que sexa preceptivo o acordo coas comunidades autónomas nos plans de ámbito estatal e nas negociacións de ámbito supraestatal.”
Texto literal del programa oficial · pág. 54 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reformar a Lei do sector eléctrico, de forma que Galiza poida decidir sobre as instalacións enerxéticas de máis de 50MW e desenvolver plenamente o artigo 27.13 do actual Estatuto de Autonomía.”
Texto literal del programa oficial · pág. 54 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Retirar os POEM e declarar o litoral galego como espazo non apto para a instalación de parques eólicos mariños offshore, tanto en augas interiores como na plataforma continental, por se entenderen incompatíbeis esas instalacións coas actividades pesqueiras e marisqueiras, coa protección medio ambiental ou coa execución de competencias en salvamento marítimo, que se consideran preferentes do punto de vista dos intereses nacionais galegos, económicos, sociais e ambientais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 54 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Colaborar con Galiza na planificación das tecnoloxías precisas para a transición enerxética e da súa zonificación, sometendo esta planificación a unha avaliación ambiental estratéxica e á colaboración nun desenvolvemento integrado e complementario de todo o mix enerxético (eólica, hidráulica, solar térmica e fotovoltaica), biomasa, biocombustíbeis, xeotermia, gases de vertedoiro, gases de EDAR, undimotriz e mareomotriz) fronte ao monopolio dunhas tecnoloxías sobre as outras.”
Texto literal del programa oficial · pág. 55 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar a consideración da electricidade como ben básico para a poboación, garantindo o acceso da poboación cun mecanismo que supere a formulación do bono social e as súas carencias, e prohibindo definitivamente os cortes de subministro.”
Texto literal del programa oficial · pág. 55 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar o aforro enerxético, do descenso do impacto medioambiental e da soberanía enerxética, así como a aposta por unha política decidida de fomento das enerxías renovábeis e da redución do consumo de combustíbeis fósiles en todos os sectores consumidores, poñendo especial atención naqueles que, polas súas características teñen unha dependencia estrema destes, como poden ser os sectores primarios ou o transporte.”
Texto literal del programa oficial · pág. 55 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar unha verdadeira axenda para o desenvolvemento do autoconsumo enerxético e das comunidades enerxéticas de base cidadá sustentábel en colaboración cos territorios, que avance na corrección das carencias canto a conexión á rede, á cadea produtiva, ao aproveitamento dos excedentes, á formación de consumidores e de produtores, aos trámites administrativos e das distribuidoras etc, así como o fomento das iniciativas compartidas e das axudas aos sectores con máis dificultades económicas para garantir a súa democratización, así como do recoñecemento das comunidades de montes como comunidades enerxéticas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 55 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Crear o estatuto especial para as empresas electrointensivas e mantemento dos postos de traballo.”
Texto literal del programa oficial · pág. 56 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Rematar os concursos de transición xusta para Galiza mantendo, como mínimo os megavatios liberados no peche das centrais, de forma que se fomenten proxectos industriais con investimento e creación de emprego nos concellos afectados, mediante un proceso con bases de concorrencia e supervisado por unha mesa de transición onde estean representados os axentes sociais e a administración local das zonas de transición xusta.”
Texto literal del programa oficial · pág. 56 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar e colaborar na creación dun gran centro para o I+D+I no almacenamento enerxético diversificado tanto no aspecto eléctrico, coma no térmico.”
Texto literal del programa oficial · pág. 56 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir o seguimento, o diálogo e a concreción das medidas de transición enerxética a través da convocatoria regular das mesas de transición a obxecto de facer seguimento aos cumprimentos dos Convenios de Transición Xusta.”
Texto literal del programa oficial · pág. 56 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Compensar a débeda histórica do Estado coas comarcas mineiras galegas polo incumprimento e pola exclusión dos sucesivos Plans do Carbón.”
Texto literal del programa oficial · pág. 56 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Regular as plantas de biogás. É preciso contar cunha lei que regule este tipo de instalacións que defina claramente os usos do dixestato e limite as afeccións locais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 56 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Enerxía renovábel e capacidade da rede. Esixir que estas grandes infraestruturas se abastezan ao 100% con enerxías renovábeis de nova xeración propias, impedindo que saturen a rede pública ou despracen outros usos prioritarios.”
Texto literal del programa oficial · pág. 82 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Aproveitamento obrigatorio de calor residual. Promover o uso obrigatorio da calor xerada polos centros de datos para abastecer industrias, servizos públicos ou redes de calefacción locais, revertendo de xeito produtivo no territorio.”
Texto literal del programa oficial · pág. 82 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
Inmigración
“Promover a regularización administrativa como vía para eliminar a irregularidade como ferramenta de explotación.”
Texto literal del programa oficial · pág. 22 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“A garantía ao acceso á lingua galega debe ser parte integral do proceso de acollida desde o primeiro momento.”
Texto literal del programa oficial · pág. 22 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Demandamos tamén que un acreditado coñecemento da lingua e cultura galegas sexa admitido como criterio para acceder á nacionalidade española, con independencia do coñecemento do español, ao demostrar unha integración na sociedade galega e unha vontade clara de pertencer a ela.”
Texto literal del programa oficial · pág. 23 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir o cumprimento do dereito internacional en materia de protección da poboación inmigrante, refuxiada e/ou solicitante de asilo.”
Texto literal del programa oficial · pág. 23 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reclamar a dotación dos recursos humanos e materiais necesarios ás oficinas de estranxeiría para garantir a debida atención, no tempo e na forma, da poboación inmigrante, refuxiada e/ou solicitante de asilo.”
Texto literal del programa oficial · pág. 23 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Defender a erradicación de calquera forma de discriminación e actitude racista nas administracións públicas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 23 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Demandar o peche dos Centros de Internamento para Estranxeiros (CIEs) no Estado español e o fin das deportacións en quente, garantindo o respecto escrupuloso dos dereitos humanos para a poboación inmigrante, refuxiada e/ou solicitante de asilo.”
Texto literal del programa oficial · pág. 23 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Apoio e acompañamento das persoas LGBT+ migrantes, refuxiadas ou solicitantes de asilo.”
Texto literal del programa oficial · pág. 29 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Protección das persoas trans migrantes permitindo o recoñecemento legal da súa identidade na documentación.”
Texto literal del programa oficial · pág. 29 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Desenvolver un plan de choque para o retorno das persoas mozas emigradas, garantindo unha inserción laboral e un acceso á vivenda dignos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 86 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Defender no seo da Unión Europea unha política de migracións respectuosa co dereito de asilo político, cos dereitos sociais e laborais e co desenvolvemento dos pobos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 91 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Renegociar os acordos Schengen en favor dunha acción decidida en prol de políticas novas de migracións internacionais e de desenvolvemento. Do mesmo xeito, oporse de pleno a calquera reforma regresiva en materia de dereitos e de liberdades individuais e civís coa desculpa de ameazas antiterroristas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 91 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
Igualdad
“Reclamar a transferencia a Galiza do Ingreso Mínimo Vital (IMV) para garantir unha xestión máis áxil e acaída á realidade galega, permitindo a creación dunha verdadeira Renda Galega de Inclusión Social e Laboral nunha contía non inferior ao SMI.”
Texto literal del programa oficial · pág. 21 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Aplicar un programa específico de loita contra a pobreza e contra a exclusión social.”
Texto literal del programa oficial · pág. 21 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Elevar, con carácter global, o investimento en materia de protección social até o situar, como mínimo, no gasto medio do conxunto da Unión Europea, asegurando o carácter público dos servizos sociais básicos, tanto na súa titularidade como na xestión e financiamento.”
Texto literal del programa oficial · pág. 21 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Cumprir as obrigas internacionais en materia de prevención e loita contra todas as formas de violencia machista, nomeadamente do Convenio de Istambul corrixindo os problemas sinalados nos Informes Grevio e, singularmente, realizar unha reforma lexislativa integral que garanta a cobertura de todos os tipos de violencias contra as mulleres na lei orgánica correspondente e que outorgue rango de lei efectivo á violencia vicaria.”
Texto literal del programa oficial · pág. 24 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar e executar as medidas do Pacto de Estado contra a violencia machista que dependen do goberno do Estado e seguen sen se desenvolver.”
Texto literal del programa oficial · pág. 24 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Incrementar a transferencia dos fondos económicos a Galiza destinados ao cumprimento do Pacto de Estado no ámbito das súas competencias. Para tal fin, exixiremos a revisión dos criterios de repartición dos recursos económicos dirixidos á Administración Local e galega para que teñan en conta a realidade específica do noso país (dispersión poboacional, alto número de núcleos de poboación e o avellentamento, entre outros) así como os recursos existentes.”
Texto literal del programa oficial · pág. 24 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir por lei que os novos recursos impulsados ao abeiro do Pacto do Estado ou da Lei Orgánica 10/2022 de garantía integral da libertade sexual, sexan públicos e de xestión directa e reclamar en Galiza a integración dos centros de crise privatizados no sistema público e a adaptación á nosa estrutura territorial e poboacional.”
Texto literal del programa oficial · pág. 25 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Introdución da perspectiva de xénero en todas as políticas públicas como elemento transversal, promovendo a erradicación de calquera forma de discriminación ou fenda por razón de xénero en calquera ámbito ou servizo público.”
Texto literal del programa oficial · pág. 25 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reforzar a participación das mulleres na vida pública e institucional modificando a Lei de paridade, Lei Orgánica 2/2024, para permitir a presenza de correlativa de máis mulleres nas listas electorais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 25 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Introducir o termo feminicidio na lexislación española e impulsar un Estatuto de Vítima de Feminicidio para unha abordaxe integral da violencia machista.”
Texto literal del programa oficial · pág. 25 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir a xestión pública e directa dos mecanismos de control telemático para a protección de vítimas de violencia machista e realizar as melloras oportunas para rematar cos problemas de cobertura e revitimización existentes no noso país.”
Texto literal del programa oficial · pág. 25 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Xeneralizar a elaboración de informes forenses de valoración de risco complementarios aos policiais, así como revisar periodicamente o sistema VioGén para mellorar o seu grao de eficiencia e eficacia así como estender os mecanismos de xeolocalización do agresor a partir daqueles casos con valoración de risco medio.”
Texto literal del programa oficial · pág. 25 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Destinar fondos estatais para incrementar e reforzar os servizos do Imelga.”
Texto literal del programa oficial · pág. 25 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Avanzar no recoñecemento da violencia vicaria e na protección ás e aos menores desenvolvendo de forma efectiva medidas que eviten os subterfuxios que acaban permitindo visitas dos maltratadores. Así mesmo, avanzar na toma de medidas cautelares ante posíbeis situacións de risco das e dos menores ante a sospeita de exercicio de violencia por parte de adultos referentes, singularmente no ámbito educativo e do tempo libre. En todos estes ámbitos deberá garantirse a escoita, privacidade, seguridade e apoio psicolóxico ás e aos menores.”
Texto literal del programa oficial · pág. 25 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar medidas concretas e específicas dirixidas á formación obrigatoria de todos os axentes, organismos e institucións implicados, directa ou indirectamente, coa prevención e intervención fronte á violencia machista, comezando polas forzas e corpos de seguridade e a Xustiza.”
Texto literal del programa oficial · pág. 26 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulso das mudanzas legais oportunas para combater calquera forma de violencia machista no ámbito dixital e garantir a debida persecución destes delitos cando se cometan a través da rede e/ou a través do uso de tecnoloxías e plataformas dixitais (incluída a Intelixencia Artificial).”
Texto literal del programa oficial · pág. 26 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Oposición firme e contundente ante calquera intento de legalización, regulamentación e banalización dos ventres de alugueiro por se trataren dunha forma de explotación dos corpos das mulleres, así como de mercantilización de seres humanos (mulleres e crianzas). Impulsar as mudanzas legais necesarias para impedir esta práctica a través de terceiros países.”
Texto literal del programa oficial · pág. 26 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Desbloquear a lexislación específica contra a trata, a explotación de seres humanos e impulsar medidas integrais para a protección das vítimas cun enfoque de dereitos, sen ningún tipo de discriminación con base á súa nacionalidade.”
Texto literal del programa oficial · pág. 26 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar medidas estratéxicas conducentes á abolición da prostitución desde unha perspectiva que puna e persiga o proxeneta e prostituidor, ficando as mulleres prostituídas libres de calquera criminalización, estigmatización ou aproximación moralista. Desde o respecto ao dereito de autodeterminación das mulleres e á súa libre elección e mais desde o dereito á vida sen ningunha forma de violencia nin discriminación, impulsaranse medidas conducentes a:”
Texto literal del programa oficial · pág. 26 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Inclusión no Pacto de Estado do impulso dunha rede pública de centros de media estadía para o desenvolvemento persoal integral das mulleres en situación de prostitución que decidan deixar de exercela.”
Texto literal del programa oficial · pág. 27 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Inclusión das vítimas de violencia machista como colectivo prioritario no deseño das políticas públicas de garantía de acceso á vivenda.”
Texto literal del programa oficial · pág. 27 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Incorporación de políticas de apoio ás denunciantes, de forma pública ou xudicial, de violencia machista nas situacións de persecución xudicial por parte dos seus denunciados.”
Texto literal del programa oficial · pág. 27 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Recoñecer legalmente as familias monoparentais en orixe, por decisión propia, e impulso dunha lexislación específica —para aquelas cuestións de competencia estatal— que permita garantir os seus dereitos e superar a discriminación estrutural que sofren actualmente.”
Texto literal del programa oficial · pág. 27 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar medidas de corresponsabilidade social e conciliación real a través de políticas de apoio á conciliación persoal e de coidados incluíndo a compensación económica das reducións de xornada, a garantía de ingresos en períodos de excedencia e a achega económica da Administración Xeral do Estado no financiamento da gratuidade das escolas infantís galegas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 27 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar medidas dirixidas a eliminar calquera forma de discriminación por razón de xénero e de sexismo nos medios de comunicación, tanto públicos como privados, promovendo un tratamento informativo adecuado da violencia machista entre as que se incluirá un código ético que deberá ser cumprido para a obtención de fondos públicos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 27 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Financiar e impulsar medidas de igualdade no ámbito do medio rural e, de forma concreta, nos programas destinados a fomentar a empregabilidade e o emprendemento.”
Texto literal del programa oficial · pág. 27 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Envellecemento digno e sen LGBTfobia, con plans formativos específicos destinados aos profesionais do sector sociosanitario das residencias de terceira idade.”
Texto literal del programa oficial · pág. 29 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Loita contra os delitos de odio, garantindo unha correcta estatística e a promoción de medidas encamiñadas a erradicaren a discriminación.”
Texto literal del programa oficial · pág. 29 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Promoción de medidas positivas para a inclusión laboral e social das persoas trans.”
Texto literal del programa oficial · pág. 29 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“A supresión de calquera tipo de subvención ou axuda pública e a imposición de sancións para organizacións que teñen como obxectivo a negación e a vulneración dos dereitos das persoas LGBT ou que se expresen neste sentido.”
Texto literal del programa oficial · pág. 29 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“A creación do servizo de igualdade de xénero e diversidade sexual a cargo dunha profesional con formación e dedicación específica en todos os centros de ensino.”
Texto literal del programa oficial · pág. 29 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Protección das persoas trans menores de 12 anos, respectando o seu dereito á autodeterminación de xénero.”
Texto literal del programa oficial · pág. 29 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Exixir o cumprimento por parte do Goberno español das súas obrigas en materia de financiamento do SAAD, así como reclamar o pagamento da débeda contraída con Galiza desde a aprobación da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia e que actualmente supera os 3.000 millóns de euros.”
Texto literal del programa oficial · pág. 40 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir a atención presencial sen cita previa e a existencia de intérpretes e/ou recursos adaptados en todas as oficinas da Administración Xeral do Estado, facilitando a accesibilidade aos servizos públicos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 41 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar un Plan de accesibilidade universal para suprimir as barreiras físicas, cognitivas e sensoriais nas institucións e servizos dependentes do Estado.”
Texto literal del programa oficial · pág. 41 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir o dereito da autonomía persoal das persoas con discapacidade a través de medidas como o desenvolvemento e financiamento da figura da asistencia persoal.”
Texto literal del programa oficial · pág. 41 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir os dereitos das familias con menores afectados por doenzas graves a través da blindaxe da prestación económica que perciben (CUME) garantindo que esta se vincula exclusivamente coa gravidade da enfermidade e coa necesidade acreditada de coidados directos, continuos e permanentes.”
Texto literal del programa oficial · pág. 41 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Implantar un modelo de coidados das persoas maiores baseado nos estándares de dereitos do Consello de Europa, adaptando os servizos de autonomía e proximidade á distinta realidade plurinacional e territorial do Estado.”
Texto literal del programa oficial · pág. 41 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir que exista unha oferta real de contidos audiovisuais en lingua galega, tanto nas plataformas audivisuais, de streaming, coma nos videoxogos; vixiando o crumprimento efectivo da Lei do Audiovisual.”
Texto literal del programa oficial · pág. 85 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Destinar 1 % dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) a políticas para a mocidade, transferindo os fondos ás comunidades autónomas para que estas poidan deseñar políticas adaptadas aos intereses da súa mocidade.”
Texto literal del programa oficial · pág. 86 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Promover e elaboración dun plan de prevención e erradicación das violencias machistas e LGBTIfóbicas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 86 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
Seguridad
“Traspaso das competencias en materia de seguranza pública, policía xudicial e fiscal, así como garda de tránsito, para o que será despregado o corpo da Policía Galega.”
Texto literal del programa oficial · pág. 9 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Transferencia das competencias e servizos de salvamento marítimo e gardacostas, así como dos centros do Instituto Español de Oceanografía na Coruña e en Vigo.”
Texto literal del programa oficial · pág. 10 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Redución do importe das sancións previstas para as infraccións de seguridade cidadá na Lei contra a Violencia no Deporte.”
Texto literal del programa oficial · pág. 31 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
Justicia
“Dotación suficiente de prazas xudiciais e de financiamento para medios materiais e humanos nas seccións de violencia sobre a muller dos tribunais de instancia, e reorganización da comarcalización das seccións de Ourense e Santiago de Compostela, sen estendela a Lugo e Pontevedra, para corrixir os desequilibrios territoriais e as dificultades que supón para as vítimas os desprazamentos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 26 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Derrogación íntegra da Lei Mordaza por favorecer a discrecionalidade policial, a criminalización do dereito de reunión e manifestación e afondar na indefensión das e dos cidadáns. Especialmente a supresión da desobediencia e resistencia á autoridade, que é considerada unha infracción grave, igual que a negativa a identificarse ou a falta de consideración a algún axente das Forzas e Corpos de Seguranza do Estado. Debe tamén prohibirse o uso de pelotas de goma, as devolucións en quente e eliminarse o principio de presunción de veracidade que se outorga ás declaracións (denuncias, actas ou atestados) das e dos axentes.”
Texto literal del programa oficial · pág. 30 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Derrogación da prisión permanente revisábel, por ser unha forma encuberta de manter a cadea perpetua e ir en contra do principio de reinserción social, así como das medidas de liberdade vixiada unha vez cumprida a pena, baseadas nunha análise subxectiva sobre a “perigosidade” das persoas e en contradición cos principios de rehabilitación e de reinserción social. Así mesmo, traballar para que se garanta o cumprimento das penas impostas aos galegos e galegas en Galiza, ademais do traslado dos que xa están a cumprir penas de prisión noutros territorios do Estado.”
Texto literal del programa oficial · pág. 30 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Derrogación do delito de desordes públicas agravadas, por limitar e afectar o libre exercicio dos dereitos fundamentais de reunión e manifestación, así como do resto de condutas tipificadas como delito que atentan directamente contra o dereito de liberdade de expresión (inxurias contra a Coroa, os Exércitos, as Forzas e Corpos de Seguranza, o Goberno e outras institucións do Estado, do escarnio de crenzas relixiosas ou das denominadas ofensas ou aldraxes aos símbolos nacionais, entre outros).”
Texto literal del programa oficial · pág. 30 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Transferencia a Galiza das competencias en materia de Institucións Penitenciarias co obxectivo de avanzar cara á unha lexislación penitenciaria actualizada e máis garantista e respectuosa cos dereitos fundamentais da poboación reclusa, reducindo as sancións por illamento, reforzando o papel das xuntas de tratamento e recoñecendo dereitos de sindicación ás persoas presas que traballen, entre outras medidas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 31 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Inhabilitación directa de cargos públicos e representativos que cometan fraude fiscal ou cando se detecten operacións económicas propias —ou en conivencia co seu contorno familiar e profesional— a través de paraísos fiscais, así como medidas de control exhaustivo das vías de evasión fiscal, evitando que o capital defraudado encontre refuxio en paraísos fiscais ou en contas noutros Estados.”
Texto literal del programa oficial · pág. 41 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
Organización territorial
“Un novo modelo de financiamento baseado no concerto económico e na bilateralidade co Estado. Trátase de que Galiza recade todos os impostos e teña capacidade para decidir como os inviste, na perspectiva de poder desenvolver políticas sociais, de desenvolvemento económico autocentrado e de blindaxe de servizos públicos universais e de calidade.”
Texto literal del programa oficial · pág. 8 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Posta en marcha dunha Facenda Galega, como instrumento esencial do novo modelo de financiamento. En consonancia, capacidade plena de Galiza para implantar unha política fiscal propia, que responda a criterios de xustiza e redistribución social e que garanta que todas as empresas que operan no noso país paguen aquí os tributos que corresponder, de forma que permita facer uso pleno dos nosos recursos económicos para os colocar ao servizo do pobo galego.”
Texto literal del programa oficial · pág. 9 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Asunción por parte dos poderes públicos galegos de plena capacidade para exercer o control público dos nosos recursos, dos sectores estratéxicos da economía e, especialmente, da produción de enerxía. Isto é básico para poder estabelecer unha Tarifa eléctrica galega baseada nun modelo tarifario que abarate o prezo da electricidade e permita que este ben público reverta no desenvolvemento social e económico do país e na eliminación da exclusión enerxética.”
Texto literal del programa oficial · pág. 9 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“En todo o caso, traspaso á Administración Galega de todas aquelas competencia previstas e que aínda detén a Administración do Estado.”
Texto literal del programa oficial · pág. 10 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar e apoiar as reformas para lograr maior pluralidade informativa nos medios de comunicación de titularidade pública, especialmente durante as convocatorias de procesos electorais, pois garantindo a igualdade no acceso á información avanzamos en democracia.”
Texto literal del programa oficial · pág. 32 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar a participación directa a través de consultas populares. Neste sentido, promoveremos e apoiaremos as mudanzas legais precisas que posibilitaren a convocatoria de referendos vinculantes en asuntos de interese, incluído o dereito de autodeterminación, así como a participación social na planificación e na xestión dos fondos públicos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 32 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reformar estruturalmente a normativa electoral: implantación do método proporcional directo (cota Hare); estabelecemento de Galiza como circunscrición electoral; eliminación das porcentaxes mínimas de 5% para conseguir representación; obrigatoriedade do voto secreto en cabina; prohibición de reparto de papeletas; garantía de igualdade entre partidos políticos respecto do acceso, da difusión e da presenza nos debates en campaña electoral en horario de máxima audiencia. Así mesmo, exixiremos que o exercicio de voto exterior se realice, ao igual que nas mesas do Estado, sempre en urna en lugares debidamente habilitados para garantir a identificación das persoas votantes e impedir a fraude. Exixiremos o cumprimento do estabelecido na disposición adicional sétima da Lei de pesca, introducida grazas a unha emenda do BNG, que exixe ao Goberno remitir ás Cortes unha proposta para garantir o voto telemático das e dos mariñeiros embarcados nas frotas de altura.”
Texto literal del programa oficial · pág. 32 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Regulación estrita das portas xiratorias e das incompatibilidades; concretamente a supresión da posibilidade de acordar a compatibilidade profesional polas propias Cámaras daquelas persoas que ostentaren a condición de deputadas e senadoras.”
Texto literal del programa oficial · pág. 41 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reestruturación administrativa e adelgazamento do aparello do Estado. Supresión da administración periférica do Estado e tamén dos departamentos ministeriais con competencias transferidas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 42 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Supresión das deputacións provinciais, co traspaso de competencias e funcións a Galiza e aos concellos, evitando a creación de estruturas institucionais substitutivas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 42 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Transitoriamente, en tanto non se abordaren as anteditas reformas de maior alcance, derrogación da reforma local que limita a autonomía neste ámbito e a prestación de servizos públicos municipais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 42 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reclamar, como vimos facendo, que se permita a utilización incondicional dos remanentes municipais para o despregamento de políticas públicas para a mellor atención das necesidades da veciñanza dos nosos concellos, co seu desbloqueo definitivo.”
Texto literal del programa oficial · pág. 45 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Voto dos tripulantes embarcados en altura e grande altura.”
Texto literal del programa oficial · pág. 50 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Recoñecer o dereito das mozas e dos mozos de 16 e 17 anos a poderen votar nas diferentes convocatorias electorais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 86 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
Transporte
“Traspaso das competencias en infraestruturas de transporte de interese xeral: portos de interese xeral, aeroportos e control de tráfico aéreo en Galiza, alén de estradas e camiños de ferro que discorren por territorio galego.”
Texto literal del programa oficial · pág. 9 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Traspaso AP-9 (Ferrol-A Coruña-Vigo) e AP-53 (Santiago-Lalín) e nacionalización destas infraestruturas para acabar co espolio económico que representan actualmente.”
Texto literal del programa oficial · pág. 10 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Programas específicos de financiamento de transporte universitario.”
Texto literal del programa oficial · pág. 36 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Transferencia dos espazos portuarios do estado que están en desuso, para uso dotacional da cidadanía optimizando e reorganizando os espazos portuarios para poder devolver á cidadanía o esforzo social que supuxo a creación dos portos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 50 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Así mesmo, é preciso reclamar as competencias plenas en materia de transporte, acompañadas do financiamento necesario, para que o Goberno galego poida desenvolver unha política de transportes autocentrada, atendendo ao reto da vertebración do país e á mobilidade interior, tanto de pasaxeiros como de mercadorías, tendo como elemento chave a intermodalidade real e non só física.”
Texto literal del programa oficial · pág. 60 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Implantar, de xeito efectivo e sen máis demoras, un servizo de proximidades ferroviarias nas principais cidades galegas, aproveitando as infraestruturas existentes ou creando aquelas novas que foren necesarias, así como recuperando apeadoiros e estacións agora en desuso e dotándoo das conexións oportunas, frecuencias, horarios e tarifas necesarias para fomentar o seu uso.”
Texto literal del programa oficial · pág. 60 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Actualizar a rede interior ferroviaria galega nunha intervención que debe incluír, cando menos, actuacións nos tramos A Coruña–Ferrol, A Coruña–Lugo e Vigo–Fronteira Portuguesa, a modernización da liña de ancho métrico Ferrol–Ribadeo, a aceleración dos traballos da saída sur de Vigo e o inicio efectivo da construción da conexión ferroviaria directa entre Santiago de Compostela e Lugo. No tramo A Coruña–Ferrol é urxente resolver de vez a tramitación do bypass de Betanzos e pasar á execución das obras; no corredor A Coruña–Lugo–Monforte, deben concluír e ampliarse as actuacións xa iniciadas, sen agardar aos prazos máis afastados que contempla a planificación europea; e na liña do Miño, a renovación integral en curso debe concluír sen novos cortes prolongados do servizo.”
Texto literal del programa oficial · pág. 61 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Completar as obras do Corredor Atlántico de Mercadorías en Galiza, para o que deben abordarse, como mínimo, as obras do eixo Ourense–Monforte–Lugo, así como o tramo León–Monforte e a electrificación e as melloras precisas nos tramos convencionais do Eixo Atlántico, acelerando as actuacións en marcha e evitando novos aprazamentos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 61 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Incrementar as frecuencias e mellorar os horarios das conexións ferroviarias en Galiza, especialmente na liña do AVANT, así como rebaixar os prezos e estabelecer bonificacións para as persoas usuarias frecuentes. A incorporación dos trens Avril e as melloras puntuais da oferta non substitúen a reclamos de fondo: un Eixo Atlántico con frecuencias de verdadeiro corredor metropolitano e sen cortes recorrentes do servizo.”
Texto literal del programa oficial · pág. 61 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Rematar as obras pendentes de execución no AVE, particularmente a finalización da variante exterior de Ourense, con contratación inmediata dos tramos aínda non licitados e un cronograma firme e financiado para o seu remate integral.”
Texto literal del programa oficial · pág. 61 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Transferir a Galiza as liñas interiores para seren xestionadas a través dunha empresa pública galega de transporte ferroviario (GALTRÉN), tomando como referencia os modelos xa consolidados noutros territorios do Estado.”
Texto literal del programa oficial · pág. 61 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Realizar unha auditoría independente de toda a rede ferroviaria co obxectivo de verificar a súa seguridade.”
Texto literal del programa oficial · pág. 61 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Declarar que o transporte ferroviario sexa a modalidade prioritaria sobre calquera outra forma de transporte persoal e de mercadorías por terra. Introducir esta declaración no Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima, con obxectivos medíbeis por ano.”
Texto literal del programa oficial · pág. 62 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Promover unha mellor conexión ferroviaria transfronteiriza con Portugal, tanto en tren convencional (coa mellora substancial do Tren Celta, Vigo-Porto), como na articulación dun sistema de proximidade transfronteiriza, así como en garantir a posta en marcha da conexión de alta velocidade Vigo-Porto no horizonte do 2030-2032.”
Texto literal del programa oficial · pág. 62 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“AP-9 galega, pública e libre de peaxes. Logo da aprobación da transferencia da autoestrada, o BNG reclamará a anulación da prórroga concedida no ano 2000 polo goberno do PP para lograr a gratuidade da principal vía de comunicación do Eixo Atlántico.”
Texto literal del programa oficial · pág. 62 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Transferir a Galiza e liberalizar a AP-53 para conseguir que esta autoestrada quede finalmente libre de peaxes.”
Texto literal del programa oficial · pág. 62 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Finalizar e poñer en funcionamento o último tramo pendente da A-54, Arzúa–Melide, que acumula anos de atraso e que é fundamental para completar a conexión por autovía entre Santiago de Compostela e Lugo, aberta e aínda incompleta tras a posta en servizo do tramo Melide–Palas de Rei.”
Texto literal del programa oficial · pág. 62 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Licitar de inmediato as obras da A-74 na Mariña, única infraestrutura viaria alternativa á N-642 na comarca e que leva anos en proxecto e sen execución, tras a aprobación definitiva do proxecto de trazado do primeiro tramo.”
Texto literal del programa oficial · pág. 63 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Executar os tramos pendentes en Galiza da A-76, que permitirán conectar máis axilmente as comarcas do sur de Lugo e a cidade de Ourense entre si e facilitar a saída cara á comarca do Bierzo, e que permanecen paralizadas no territorio lucense.”
Texto literal del programa oficial · pág. 63 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Mellorar as infraestruturas viarias para garantir maior seguranza e reducir o número de accidentes.”
Texto literal del programa oficial · pág. 63 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Transferir a Galiza as competencias en ordenación de tráfico e seguridade viaria, atendendo á necesidade deseñar e poñer en práctica accións para mellorar a seguridade e a xestión do conxunto da rede de estradas existentes no país.”
Texto literal del programa oficial · pág. 63 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Dar continuidade ao proxecto de construcción da A56 entre Lugo e Ourense.”
Texto literal del programa oficial · pág. 63 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reclamar a transferencia a Galiza da competencia sobre os aeroportos galegos, para a súa xestión integral co fin de artellar un sistema aeroportuario integral galego, baseado na especialización, na creación de sinerxías e na complementariedade dos tres aeroportos, así como demandar a mellora e a modernización das súas instalacións. Ademais disto reverter e asegurar o control e a xestión pública das torres de control para garantir a seguridade aérea.”
Texto literal del programa oficial · pág. 63 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Instar a transferir ao Goberno galego os portos de interese xeral en Galiza, como son os de Vigo, Marín, Vilagarcía de Arousa, A Coruña e Ferrol-San Cibrao. Neste último é preciso así mesmo lograr a liberalización do porto de Morás e abrilo ao tráfico e ao transporte de mercadorías.”
Texto literal del programa oficial · pág. 63 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Demandar a incorporación dos portos galegos de interese estatal actualmente excluídos da Rede Básica Transeuropea de Transporte.”
Texto literal del programa oficial · pág. 64 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Promover o transporte colectivo entre a mocidade menor de 30 anos a través de bonificacións nas viaxes en transporte por estrada e por ferrocarril.”
Texto literal del programa oficial · pág. 86 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Mellorar e ampliar as infraestruturas ferroviarias galegas, dende as conexións entre cidades, vilas e comarca. Garantindo así o dereito real á mobilidade para a mocidade en toda Galiza, á vez que se impulsa a tranferencia plena destas competencias á Xunta de Galiza, a comezar pola creación do Galitren ou tren de proximidade na Galiza.”
Texto literal del programa oficial · pág. 86 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
Digitalización
“Demandar a catalogación e dixitalización do patrimonio documental galego depositado en arquivos institucionais de fóra de Galiza para favorecer o coñecemento, a divulgación e a investigación.”
Texto literal del programa oficial · pág. 72 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir que todos os sistemas de IA, atención automatizada e administración dixital do Estado funcionen plenamente en galego (chatbots, asistentes virtuais, formularios intelixentes etc).”
Texto literal del programa oficial · pág. 73 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Promover liñas específicas de financiamento para garantir actualización en galego de tecnoloxías da fala, modelos de lingua, ferramentas educativas dixitais etc.”
Texto literal del programa oficial · pág. 73 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Transferencia de competencias e recursos. Reclamar a transferencia das competencias exclusivas do Estado en telecomunicacións, espazo audiovisual, infraestruturas dixitais, ciberseguridade e certificación da identidade, xunto cos correspondentes fondos e medios.”
Texto literal del programa oficial · pág. 75 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Dereito á soberanía dixital. Impulsar no Congreso o recoñecemento do dereito dos pobos a determinaren a súa esfera dixital e a garantiren a representación das súas diferenzas culturais e produtivas como un dereito humano e colectivo básico.”
Texto literal del programa oficial · pág. 75 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Financiamento dun ecosistema público galego de IA. Reclamar do Estado os recursos necesarios para desenvolver un ecosistema galego de intelixencia artificial orientado á tecnodiversidade e aos grandes retos económicos, sociais, culturais e ambientais do noso país.”
Texto literal del programa oficial · pág. 75 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“IA distribuída e modelos especializados. Redirixir os fondos públicos de innovación cara á intelixencia artificial distribuída e a modelos de linguaxe pequenos e especializados, executábeis en infraestruturas locais de baixo consumo enerxético e con aprendizaxe federada que preserve a privacidade.”
Texto literal del programa oficial · pág. 76 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Tecnoloxía adaptada á realidade produtiva. Fomentar sistemas deseñados para o traballo común entre persoas e a IA que aumenten a produtividade da pequena e mediana produción e da economía dos coidados, rexeitando a substitución de actividades humanas e excluíndo os usos militares e armados.”
Texto literal del programa oficial · pág. 76 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Fortalecemento da investigación e innovación. Garantir financiamento estrutural estábel para o ecosistema galego de pequenas e medianas empresas tecnolóxicas e para os grupos de investigación punteiros en tecnoloxías cuánticas, biotecnoloxía, saúde e sector espacial.”
Texto literal del programa oficial · pág. 76 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Lei de transparencia algorítmica e supervisión humana. Promover un marco regulatorio estatal que garanta o dereito a recibir información inmediata, comprensíbel e sobre os criterios aplicados cando unha decisión relevante sexa adoptada total ou parcialmente por sistemas automatizados nas administracións públicas ou grandes empresas de servizos esenciais (banca, seguros e telecomunicacións).”
Texto literal del programa oficial · pág. 76 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Dereito de veto algorítmico. Prohibir que as resolucións administrativas ou económicas críticas se executen sen unha revisión final, vinculante e asumida por persoal técnico ou funcionario competente, evitando que unha máquina substitúa a responsabilidade humana.”
Texto literal del programa oficial · pág. 76 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Auditorías públicas antisesgo. Crear mecanismos públicos de inspección e auditoría dos algoritmos de interese xeral para detectar e corrixir nesgos de xénero, clase, orixe ou territorialidade que provoquen discriminacións.”
Texto literal del programa oficial · pág. 76 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Rexistro estatal de sistemas algorítmicos. Crear un rexistro público dos sistemas de IA empregados na adopción de decisións públicas e prohibir que a concesión ou denegación de prestacións sociais ou dereitos fundamentais dependa de automatismos sen intervención humana efectiva.”
Texto literal del programa oficial · pág. 77 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Supervisión previa dos sistemas de risco sistémico. Obrigar a que os modelos de IA e redes sociais de risco sistémico se sometan á avaliación de organismos públicos independentes antes de saíren ao mercado. Reclamar financiamento para que as nacións do Estado conten con organismos propios de supervisión.”
Texto literal del programa oficial · pág. 77 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Limitación da vixilancia biométrica. Estabelecer límites estritos ao recoñecemento facial e á vixilancia biométrica masiva en espazos públicos, vetando a policía preditiva e o uso da IA para substituír as decisións xudiciais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 77 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Prohibición de decisións letais automatizadas. Defender a prohibición internacional e estatal do uso de IA para seleccionar obxectivos en conflitos armados; as máquinas non poden decidir sobre a vida e a morte das persoas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 77 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Protección dos neurodereitos. Impulsar lexislación que garanta a privacidade mental e a libre determinación da identidade fronte á manipulación ou ao rexistro neurocognitivo por parte de corporacións ou Estados.”
Texto literal del programa oficial · pág. 77 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Financiamento das tecnoloxías da lingua. Reclamar partidas orzamentarias estatais específicas e proporcionais para a rexeneración dixital do galego, incluíndo modelos de linguaxe de gran escala públicos, corpus lingüísticos e ferramentas de procesamento de texto e voz.”
Texto literal del programa oficial · pág. 77 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Plena dispoñibilidade do galego. Esixir ás plataformas dixitais a incorporación efectiva e de calidade do galego (en texto e voz) en sistemas operativos, aplicacións e modelos de IA, en igualdade co resto de linguas oficiais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 77 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Cooperación galego-portuguesa. Aproveitar o espazo lingüístico galego-portugués para compartir recursos tecnolóxicos e corpus. En cumprimento da Lei Paz-Andrade, garantir o acceso algorítmico por defecto aos contidos e medios de comunicación de Portugal e do Brasil, e viceversa.”
Texto literal del programa oficial · pág. 78 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Dereito a modelos adaptados á nosa cultura. Promover o dereito dos pobos a exixiren versións dos grandes modelos de IA adaptadas á súa propia cultura, adestradas cos seus propios corpus e aliñadas cos seus consensos democráticos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 78 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Ciencia aberta e retorno social. Modificar a Lei da Ciencia para que o software, algoritmos, patentes e propiedade intelectual derivados de proxectos financiados con fondos públicos ou desenvolvidos nas universidades públicas galegas e empresas se liberen baixo licenzas abertas, evitando a súa captura por parte de monopolios privados.”
Texto literal del programa oficial · pág. 78 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Desenvolvemento de cooperativas de datos. Impulsar no Estado a lexislación europea sobre goberno de datos —Regulamento (UE) 2022/868— mediante normativa e financiamento específicos para fórmulas de xestión colectiva.”
Texto literal del programa oficial · pág. 78 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Datos colectivos como ben común. Promover unha xestión democrática da información xerada por comunidades e Pemes, co obxectivo de preservar os dereitos das comunidades produtoras e evitar a apropiación unilateral do seu valor por parte de terceiros.”
Texto literal del programa oficial · pág. 78 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Acceso común ao coñecemento. Instar o Goberno do Estado a defender ante a Unión Europea e os organismos internacionais a declaración do coñecemento xeral da humanidade como un ben en man común.”
Texto literal del programa oficial · pág. 78 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Goberno democrático dos datos. Desenvolver instrumentos que garantan a participación das comunidades nas decisións sobre o uso e a reutilización dos datos colectivos, asegurando que os beneficios e o valor revertan no propio territorio.”
Texto literal del programa oficial · pág. 79 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Rede pública de almacenamento e computación. Impulsar unha lei de infraestruturas dixitais de propiedade pública e crear unha rede estatal de almacenamento e computación como alternativa soberana ás nubes privadas transnacionais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 79 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Nube pública galega. Reclamar a transferencia directa de fondos europeos e estatais de dixitalización para que Galiza desenvolva a súa propia infraestrutura pública de servidores, adaptada ás necesidades das administracións, universidades, servizos públicos e do noso tecido produtivo.”
Texto literal del programa oficial · pág. 79 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Custodia pública de datos estratéxicos. Garantir por lei que os datos sanitarios do SERGAS, educativos e expedientes administrativos se custodien e procesen baixo estrito control público, seguridade e protección de dereitos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 79 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reforma da contratación pública. Modificar a Lei de Contratos do Sector Público e o Esquema Nacional de Seguridade para reducir a dependencia de software privativo extraeuropeo, favorecendo o código aberto, as nubes públicas certificadas e a capacidade de auditoría.”
Texto literal del programa oficial · pág. 79 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Protección fronte á lexislación extraterritorial. Avaliar e limitar os riscos de contratar provedores tecnolóxicos sometidos a leis de terceiros Estados —como a CLOUD Act estadounidense— que os obriguen a entregar información ao seu goberno, blindando a normativa europea de protección de datos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 79 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Lingua e cultura na contratación tecnolóxica. Esixir en cada contrato público de software a presenza adecuada do galego e da nosa cultura, garantindo financiamento para nubes públicas federadas que permitan compartir capacidades entre administracións sen perder identidade.”
Texto literal del programa oficial · pág. 80 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Compra pública para a soberanía dixital. Orientar os investimentos cara a solucións que fortalezan as capacidades tecnolóxicas propias, favorezan a participación das Pemes locais e eviten dependencias estruturais dun oligopolio de provedores.”
Texto literal del programa oficial · pág. 80 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Limitación de algoritmos manipulativos. Esixir ao Goberno do Estado un papel pioneiro na Unión Europea para limitar os algoritmos e os deseños que maximizan de forma deliberada o tempo de uso mediante condutas adictivas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 80 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Economía da intención. Favorecer a transición cara a un modelo dixital no que as persoas decidan libremente a información que reciben, evitando que os seus intereses sexan delegados en algoritmos comerciais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 80 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Interoperabilidade de redes sociais. Impor a interoperabilidade das redes sociais e servizos de mensaxería mediante protocolos abertos e federados, permitindo comunicarse con usuarios doutras plataformas e mudar de servizo sen cancelas tecnolóxicas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 80 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Alternativas abertas e descentralizadas. Favorecer o desenvolvemento de servizos dixitais abertos, federados e comunitarios para reducir a dependencia das grandes corporacións e potenciar a capacidade de decisión cidadá.”
Texto literal del programa oficial · pág. 80 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reforzar as garantías e auditorías sobre o funcionamento dos sistemas de recomendación para coñecer os criterios que condicionan a visibilidade e a circulación dos contidos en Internet.”
Texto literal del programa oficial · pág. 80 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Financiamento de capacidades propias. Vincular as políticas fiscais e de investimento público ao desenvolvemento dunha economía dixital soberana que apoie a innovación, o software libre e o tecido de pequenas e medianas empresas galegas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 81 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Amarre de cables submarinos internacionais. Impulsar desde o Estado a posición xeoestratéxica de Galiza como nodo de interconexión atlántico, promovendo activamente o amarre de cables submarinos internacionais na costa galega baixo estritos criterios de sustentabilidade ambiental.”
Texto literal del programa oficial · pág. 83 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Corredor dixital atlántico. Promover un corredor de conectividade e alta tecnoloxía co norte de Portugal e a cornixa cantábrica que favoreza o intercambio científico, a cooperación en innovación e o pulo a un tecido de Pemes de alto valor engadido.”
Texto literal del programa oficial · pág. 83 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Planificación territorial de infraestruturas. Reclamar que a lexislación estatal subordine os centros de datos á planificación e control das administracións territoriais competentes, garantindo que sirvan para potenciar os ecosistemas produtivos locais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 83 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
Política exterior
“Ingreso da Galiza como Membro asociado da UNESCO e da OMT, alén de ser parte tamén noutras organizacións internacionais que traballan no ámbito histórico, lingüístico e cultural.”
Texto literal del programa oficial · pág. 73 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir a presenza de Galiza na participación do Estado español na CPLP, incorporando ás delegacións e grupos de traballo persoas expertas galegas, e desenvolvendo unha axenda estábel orientada á promoción do galego e á cooperación con Portugal, Brasil, os PALOP e demais territorios da CPLP.”
Texto literal del programa oficial · pág. 74 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Explorar e promover, en diálogo coa CPLP e cos Estados membros, as vías para unha presenza directa de Galiza, e instar o Estado español a non bloquear e apoiar esa presenza.”
Texto literal del programa oficial · pág. 74 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Saída da OTAN e defensa de disolución desa alianza militar imperialista.”
Texto literal del programa oficial · pág. 89 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Retirada inmediata dos milleiros de efectivos militares españois participantes en misións OTAN e USA, e en concreto nos países fronteirizos coa Federación Rusa.”
Texto literal del programa oficial · pág. 89 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Apoio ás iniciativas que busquen a paz no conflito ruso-ucraíno a través dunha saída diplomática e negociada a esta contenda, censando de inmediato o envío de armamento español á Ucraína, que non fai máis que alongar o conflito e o sufrimento. Reforzar o envío de material humanitario.”
Texto literal del programa oficial · pág. 89 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Cancelación dos acordos bilaterais España-USA e instar á retirada dos efectivos militares no Estado español.”
Texto literal del programa oficial · pág. 90 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Opoñerse, no ámbito da UE, á militarización e ao desvío orzamentario de partidas sociais destinadas a fins militares e á industria bélica. Excluír da explotación nos plans de minaría, no ámbito das actuais competencias españolas en materia de lexislación básica sobre minaría e dos plans de exploración mineira, aquelas materias primas -litio, coltán, neodimo, berilio, etc- definidas como críticas e estratéxicas para uso militar pola OTAN e a UE.”
Texto literal del programa oficial · pág. 90 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Defender unha nova arquitectura internacional igualitaria entre os pobos, non xerarquizada, que recoñeza o dereitos das nacións á súa libre determinación -a comezar pola nosa- e a se relacionaren en pé de igualdade, sen inxerencias nin agresións en coherencia coa nosa visión pacifista e antiimperialista. No inmediato:”
Texto literal del programa oficial · pág. 90 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Anular o cambio de posición do goberno español a respecto do dereito á autodeterminación do pobo saharauí, condenando enerxicamente a ocupación marroquí do Sáhara Occidental, e instando a que o Estado español impulse un referendo de autodeterminación con garantías democráticas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 90 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Condenar enerxicamente o Estado de Israel pola ocupación e colonialismo nos territorios ocupados da Palestina.”
Texto literal del programa oficial · pág. 90 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Chamar á fin das agresións imperialistas, particularmente no Oriente Medio e no Norte de África.”
Texto literal del programa oficial · pág. 90 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Rexeitar a política de inxerencia dos Estados Unidos, que busca desestabilizar os gobernos progresistas de América Latina, e que mantén a agresión a Venezuela e o bloqueo a Cuba.”
Texto literal del programa oficial · pág. 90 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Oporse a calquera tipo de tratado comercial internacional que vulnere a soberanía dos pobos e os dereitos sociais, laborais, ambientais e os relativos a unha vida digna e saudábel.”
Texto literal del programa oficial · pág. 91 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
Otras propuestas
“Traspaso dos fondos e competencias relacionadas co fomento da industria cinematográfica e audiovisual galega.”
Texto literal del programa oficial · pág. 10 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Traspaso a Galiza dos arquivos, bens e fondos documentais, culturais e históricos, que se achan espallados en diversas institucións e organismos do Estado.”
Texto literal del programa oficial · pág. 10 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Derrogar a Lei de Amnistía de 1977, que segue a impedir as reivindicacións e o amparo xudicial das vítimas de crimes contra a súa vida e dignidade cometidos durante o réxime franquista, así como o recoñecemento da imprescritibilidade dos delitos de xenocidio e lesa humanidade e do principio de legalidade internacional.”
Texto literal del programa oficial · pág. 31 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Recoñecer o Pazo de Meirás como Lugar de Memoria centrado no espolio e nas vítimas do franquismo.”
Texto literal del programa oficial · pág. 31 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Revisar o acordo polo que se declara as illas de San Simón e San Antón como lugar de memoria democrática, de modo que de garanta a centralidade do seu significado como espazo de represión e resistencia e se impidan os usos que resulten ofensivos para as vítimas, as familias e a sociedade no seu conxunto.”
Texto literal del programa oficial · pág. 31 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Modificar a Lei de Memoria co obxectivo de rachar coa impunidade do franquismo e que garanta a tutela xudicial efectiva das vítimas e das súas familias.”
Texto literal del programa oficial · pág. 31 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Derrogar a Lei de Segredos Oficiais e a Lei de Seguranza Nacional e así garantir a plena transparencia na actuación e gasto por parte das institucións militares ou dependentes das forzas e corpos de seguranza do Estado.”
Texto literal del programa oficial · pág. 32 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Denunciar e revogar o Concordato coa Igrexa católica e, nomeadamente, os Acordos vixentes coa Santa Sé, para avanzar nun Estado verdadeiramente laico. Isto suporá a eliminación dos privilexios da Igrexa e a presenza da relixión nas institucións e servizos públicos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 32 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Supresión das restricións de carácter normativo para a xestión pública directa de servizos públicos, respectando así a autonomía de cada institución.”
Texto literal del programa oficial · pág. 42 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Modificación da normativa de contratación pública, implantando a transparencia na contratación negociada e directa, publicando nos perfís de contratación as licitacións negociadas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 42 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“A modificación da Lei da cadea alimentaria para que regule de xeito efectivo as relacións entre os elos da cadea, con transaccións comerciais transparentes e resultado de negociacións levadas a cabo en igualdade de condicións, garantindo que non se fan vendas por debaixo de custos de produción.”
Texto literal del programa oficial · pág. 47 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulso dos circuítos curtos de transformación e comercialización que xeren valor engadido nas explotacións agrogandeiras galegas e favorezan a viabilidade dos produtores, achegando aos consumidores produtos de calidade diferenciada, tanto frescos coma transformados, favorecendo producións respectuosas co medio ambiente, favorecendo a economía e a cohesión social.”
Texto literal del programa oficial · pág. 48 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Protección do sector agrogandeiro: as enfermidades emerxentes son unha realidade ineludíbel coa que temos que convivir tanto na gandería como na agricultura e que ten efectos nocivos sobre o noso agro, con perdas económicas incalculábeis derivadas da súa chegada. A loita contra elas ten que ser conxunta, coa achega dos recursos precisos, tanto económicos coma humanos, que garantan a protección do noso sector produtivo e poñan a disposición as medidas preventivas precisas en cada momento e os informes, análises e estudos que permitan estar preparados e informados.”
Texto literal del programa oficial · pág. 48 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Rexeitamento de acordos comerciais multilaterais prexudiciais para o sector agrario de Galiza, en particular o UE-Mercosur polos enormes prexuízos ás explotacións agrarias galegas que non poderán competir coa entrada masiva de producións agrogandeiras e polo grave problema para as persoas consumidoras pola falla de garantías das condicións da produción nos países do Mercosur.”
Texto literal del programa oficial · pág. 48 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Defensa dos cambios necesarios no PEPAC actualmente en vigor, para que se adapte as especificidades do sector agrario galego, evitando os prexuízos que determinadas normativas traen as nosas explotacións agrogandeiras a hora de acceder as axudas da PAC.”
Texto literal del programa oficial · pág. 48 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Fronte á proposta da Comisión Europea para o novo Marco Financeiro Plurianual 2028-34 que pretende rearmar á UE multiplicando por dez o seu orzamento actual en Defensa a conta de centralizar e recortar drasticamente os Fondos de Cohesión (-34%), da PAC (-22%) e do FEMPA (-67%), esiximos a xestión descentralizada e o incremento dos fondos para o desenvolvemento territorial, a produción e a soberanía alimentaria, a sustentabilidade e o futuro dos nosos sectores produtivos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 48 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Defensa dunha nova orientación das políticas estatais en materia forestal e ambiental co obxectivo de recuperar o bosque autóctono, diversificar usos e ordenación do territorio con creación de valor engadigo no país, fronte a un modelo de monocultivo ao servizo de grandes intereses industriais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 49 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“O recoñecemento da Galiza como “zona altamente dependente da pesca”.”
Texto literal del programa oficial · pág. 49 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Eliminación do principio de estabilidade relativa, en vigor desde o ano 1986 e que non deixa de ser unha discriminación para a frota galega.”
Texto literal del programa oficial · pág. 49 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“O recoñecemento da capacidade directa de negociación de Galiza, a súa participación e consentimento naquelas cuestións de especial relevancia en materia pesqueira, nomeadamente, na reforma ou na revisión da PPC.”
Texto literal del programa oficial · pág. 49 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“A negociación da distribución equitativa de cotas de pesca para a frota galega, que parta da capacidade extractiva do sector.”
Texto literal del programa oficial · pág. 49 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“A exixencia de que a pesca artesanal fique exenta de TAC e cotas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 49 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“O estabelecemento dun espazo galego de libre decisión en materia marítima, pesqueira e/ou aproveitamento enerxético. Transferencia das competencias dos portos de interese xeral do Estado, Salvamento Marítimo, navegación marítima e mariña mercante, investigación oceanográfica (IEO), inspección de buques, ISM, dominio público marítimo e marítimo-terrestre e mar territorial, así como o traspaso de funcións e servizos da Administración xeral do Estado a Galiza en materia de ordenación e xestión do litoral etc.”
Texto literal del programa oficial · pág. 50 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Evitar o acoso que sofre a xente do mar con catro corpos de inspección (Gardacostas de Galiza, funcionarios do Ministerio, Garda Civil e funcionarios da UE), concentrando esa función no corpo de Gardacostas de Galiza.”
Texto literal del programa oficial · pág. 50 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“A implantación inmediata das medidas aprobadas a raíz das emendas do BNG á Lei 5/2023, de Pesca Sostíbel e Investigación Pesqueira sobre:”
Texto literal del programa oficial · pág. 50 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Transferencia dos inmóbeis do ISM e recuperar as casas do mar que foron desaparecendo.”
Texto literal del programa oficial · pág. 50 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“A exixencia da exclusión da pesca artesanal do Regulamento (UE) do Control da Pesca.”
Texto literal del programa oficial · pág. 51 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Elevar, progresivamente, o investimento estatal en I+D+i até o situar no 3% do PIB en 2030.”
Texto literal del programa oficial · pág. 52 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Transferencia a Galiza das entidades dependentes do Centro Superior de Investigacións científicas (CSIC) e dos centros do Instituto Español de Oceanografía (IEO).”
Texto literal del programa oficial · pág. 52 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Continuar a traballar, en colaboración e contacto permanente co ecosistema investigador galego e estatal, a prol dun Pacto pola ciencia centrado en tres eixos fundamentais:”
Texto literal del programa oficial · pág. 52 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reducir e simplificar a burocracia para favorecer a produtividade, a motivación e o estímulo na produción científica.”
Texto literal del programa oficial · pág. 53 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Promover a transparencia, a integridade, a diversidade e a inclusión no ámbito científico e investigador a través de políticas activas que sancionen condutas fraudulentas, persigan o acoso sexual ou calquera irregularidade nos concursos públicos, así como garantir unha inclusión plena.”
Texto literal del programa oficial · pág. 53 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Facultar aa Galiza para declarar zonas de reserva mineira permanente, especialmente nos xacementos de minerais estratéxicos, garantindo o seu aproveitamento mediante iniciativa pública ou baixo control público efectivo.”
Texto literal del programa oficial · pág. 58 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Estabelecer unha participación pública obrigatoria mínima do 20% nos proxectos de investigación e explotación de minerais estratéxicos.”
Texto literal del programa oficial · pág. 58 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Vincular o outorgamento dos dereitos mineiros á transformación industrial dos recursos no territorio, á creación de emprego de calidade, ao desenvolvemento tecnolóxico e ao peche dos ciclos produtivos en Galiza.”
Texto literal del programa oficial · pág. 59 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Evitar a simple exportación de minerais sen transformar, incorporando ás concesións compromisos obrigatorios de procesamento, investigación, industrialización e xeración de valor engadido no país.”
Texto literal del programa oficial · pág. 59 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“A desafección do uso militar de espazos costeiros, castelos e da illa de Tambo, e transferencia da súa titularidade a Galiza.”
Texto literal del programa oficial · pág. 66 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar un plan estatal de apoio aos medios de comunicación en linguas minoradas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 71 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir a presenza regular da lingua e das producións culturais galegas na RTVE, tanto nas desconexións para Galiza como na programación para todo o Estado.”
Texto literal del programa oficial · pág. 71 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Incrementar as horas de desconexión territorial en galego na TVE, no horizonte de crear un novo canal de TV en galego.”
Texto literal del programa oficial · pág. 71 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Recuperar a Radio4, emisora da RNE en galego.”
Texto literal del programa oficial · pág. 71 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Incluír o galego como opción na programación do ClanTV.”
Texto literal del programa oficial · pág. 71 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir e incrementar a liña de axudas dirixida especificamente a longametraxes, curtametraxes e producións audiovisuais en galego por parte do Ministerio de Cultura.”
Texto literal del programa oficial · pág. 71 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reformar a Lei do audiovisual para garantir a plena igualdade de todas as linguas oficiais do Estado. Exixir ás plataformas a dispoñibilidade das producións do seu catálogo con dobraxe e lexendaxe en galego, especialmente nos contidos dirixidos ao público infantil, ademais de mellorar a definición e regulación das produtoras independentes e a promoción e normalización da lingua galega no mundo audiovisual.”
Texto literal del programa oficial · pág. 71 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Aumentar o cofinanciamento das institucións lingüísticas e culturais do noso país.”
Texto literal del programa oficial · pág. 71 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir unha liña de axudas específica para a creación literaria en galego, eliminando o requisito de ter que entregar traducidas esas obras ao español.”
Texto literal del programa oficial · pág. 72 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar o coñecemento, a divulgación e a convivencia das diferentes expresións culturais en galego, en pé de igualdade coas restantes do Estado, e contribuír ao posicionamento a nivel internacional.”
Texto literal del programa oficial · pág. 72 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Asegurar a plena normalización do uso da lingua galega por parte da Administración central, encomezando polo coñecemento do galego entre o funcionariado para así garantir os dereitos lingüísticos na relación entre esta e as empresas que traballan para ela.”
Texto literal del programa oficial · pág. 72 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir o estrito respecto da nosa toponimia por parte de todos os organismos da administración do Estado, así como exixir o respecto pola legalidade por parte das apps de xeolocalización que seguen a utilizar nomenclatura deturpada.”
Texto literal del programa oficial · pág. 72 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Realizar as mudanzas legais precisas para oficializar na súa orixinalidade galega a toponimia marítima na costa galega: nomes de distritos e provincias marítimas, matriculación de embarcacións e cartografía marítima e cartas náuticas, avisos a navegantes, e denominación dos accidentes xeográficos (nomes das rías, illas, puntas, cantís, etc.).”
Texto literal del programa oficial · pág. 72 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar as modificacións legais para que, de acordo con todas as ferramentas tecnolóxicas hoxe dispoñíbeis, a documentación en galego sexa aceptada como oficial para calquera xestión coa Administración Xeral do Estado.”
Texto literal del programa oficial · pág. 72 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Cumprir coa oficialidade do galego na Administración de Xustiza, no horizonte de promovelo a lingua preferente nas resolucións, comunicacións e notificacións de oficio dos órganos administrativos. Impulsaranse plans piloto, formación e incentivos profesionais para garantir a oficialidade real do galego.”
Texto literal del programa oficial · pág. 72 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir a dispoñibilidade plena do galego en toda a Administración Xeral do Estado e nas súas plataformas dixitais, habilitando a opción de galego en todas as tramitacións telemáticas, formularios, notificacións e canles de atención de todos os organismos estatais, en igualdade real de condicións co castelán, tanto na web como nas aplicación móbeis e nos sistemas de identificación e sinatura dixitais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 72 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir o dereito a acceder á documentación e trámites administrativos en galego nos consulados españois no estranxeiro.”
Texto literal del programa oficial · pág. 73 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Oficialidade plena do galego na Unión Europea.”
Texto literal del programa oficial · pág. 73 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Desenvolver unha liña anual e regular de actividades culturais en galego (literatura, cinema, música, ciencia etc).”
Texto literal del programa oficial · pág. 73 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Reforzar os fondos bibliográficos e dixitais en galego en todas as bibliotecas do Instituto Cervantes.”
Texto literal del programa oficial · pág. 73 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Recoñecer e impulsar o papel de Galiza como ponte natural co espazo lusófono, promovendo políticas de cooperación cultural, educativa, comunicativa e económica cos países de lingua portuguesa, aproveitando o potencial do galego como valor estratéxico internacional. Débense remover as trabas e garantir os instrumentos precisos para facer efectiva esa cooperación.”
Texto literal del programa oficial · pág. 73 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Fomentar axudas directas para a incorporación da mocidade no sector primario e medidas complementarias para as que continúan a súa actividade, así como un apoio eficaz e un reforzo nas axudas e no asesoramento para tomar a remuda nas explotacións.”
Texto literal del programa oficial · pág. 84 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Traspasar as competencias en materia deportiva do Consello Superior de Deportes e das federacións deportivas.”
Texto literal del programa oficial · pág. 88 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Garantir a participación das seleccións galegas con pleno dereito, en todas as disciplinas, nas competicións deportivas internacionais oficiais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 88 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Acometer as accións necesarias para que as federacións galegas de cada disciplina deportiva sexan as últimas instancias organizativas de cada un dos deportes no noso país.”
Texto literal del programa oficial · pág. 88 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Modificar as infraccións e sancións recollidas na Lei estatal do deporte, que actualmente están a penalizar condutas como a exhibición de faixas ou bandeiras e que atentan contra os dereitos fundamentais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 88 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar accións e políticas decididas para promover a igualdade no deporte e a participación das mulleres en todas as disciplinas deportivas, tanto no deporte base como no profesional.”
Texto literal del programa oficial · pág. 88 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Impulsar accións que garantan o exercicio dos dereitos de conciliación das mulleres deportistas cando son nais así como a loita contra calquera forma de discriminación que esixa ás mulleres deportistas escoller entre ser nais ou dar continuidade á súa carreira deportiva profesional.”
Texto literal del programa oficial · pág. 88 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Achegar máis recursos económicos para impulsar instalacións deportivas accesíbeis, dirixidas especialmente a persoas con discapacidade e con mobilidade reducida.”
Texto literal del programa oficial · pág. 88 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Rexeitamento ao incremento do gasto militar e ao acatamento das directrices OTAN e Estados Unidos neste ámbito. Redución progresiva das cantidades millonarias dilapidadas nesta materia, que ademais implican recortes en servizos públicos esenciais como a sanidade, o ensino e os servizos sociais.”
Texto literal del programa oficial · pág. 90 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Avanzar no proceso de desmilitarización de Galiza e devolución paulatina dos espazos (a comezar polos declarados de non interese militar) para uso civil e traspaso á Xunta.”
Texto literal del programa oficial · pág. 90 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
“Defender unha política de paz opóndose ás medidas que buscan estender na sociedade o militarismo; e consecuentemente demandamos a abolición definitiva do Servizo Militar Obrigatorio (só en "suspensión" desde o ano 2001) por responder ás estratexias bélicas da OTAN e UE, e sendo o exército español unha ferramenta do réxime, ao servizo do centralismo españolizador e negador da realidade plurinacional do Estado.”
Texto literal del programa oficial · pág. 91 · PDF de la fuente · Consultar cita y contexto → · Ver en el programa completo
Dónde se presenta (4 circunscripciones)
- Coruña (A) · congreso · Orden BOE 7
- Coruña (A) · senado · Orden BOE 3
- Lugo · congreso · Orden BOE 5
- Lugo · senado · Orden BOE 2
- Ourense · congreso · Orden BOE 8
- Ourense · senado · Orden BOE 6
- Pontevedra · congreso · Orden BOE 8
- Pontevedra · senado · Orden BOE 5
Programa y carencias
Programa electoral Xerais 2026
✓ VerificadaFecha del documento: No consta · Versión: 1 · Consulta: 2026-11-18 · Estado: vigente · Idioma: gl
Programa original (PDF)